85 hectáreas de viñedos afectados pola saraiba en Sober

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luís Cabarcos, desprazouse este xoves ata o concello para coñecer de primeira man os danos ocasionados na zona.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Jose Luís Cabarcos, visita viñedos en Sober afectados pola sarabia. Fonte: Xunta de Galicia.

Técnicos da Estación de Viticultura e Enoloxía (Evega) e da Oficina Agragia Comarcal (OAC), dependentes da Xunta, recomendaron aplicar tratamento fitosanitario en viñedos de Sober que o pasado domingo se viron afectados por unha saraibada.

En concreto, recomendaron aplicar desde este xoves e ata o vindeiro sábado, 4 de maio, diversos produtos protectores. Así mesmo, suxeriron que, na medida do posible, débese realizar podas en verde das cepas para baixar a lonxitude dos brotes máis desenvolvidos en aproximadamente un terzo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here