HomeEconomíaA Ribeira Sacra é Galicia Calidade no II Foro Think Tank

A Ribeira Sacra é Galicia Calidade no II Foro Think Tank

Este luns celebrouse no Balneario de Augas Santas en Pantón o II Foro Think Tank, organizado pola Xunta de Galicia coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco do programa Conecta Lugo, e que nesta ocasión se celebrou baixo o lema Ribeira Sacra: aposta de futuro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe en Pantón que a dixitalización, a eficiencia enerxética e a internacionalización son tres dos obxectivos estratéxicos recollidos na axenda de Galicia a través dos orzamentos de 2023. Conde sinalou que este encontro permite poñer en valor a excelencia do sector agroalimentario da zona; dos seus viños; e da aposta que se está a facer polo turismo sustentable; poñendo así en valor “que a Ribeira Sacra é Galicia Calidade”.

No acto, no que tamén participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, Conde incidiu en que a saída aos mercados exteriores é un dos grandes retos que afronta o tecido empresarial, sumado á transformación dixital e a transición enerxética.

Iso fai, segundo explicou, que a cultura da eficiencia e a sustentabilidade teñan que estar hoxe en día na axenda de calquera empresa para poder facer fronte ao impacto que o prezo eléctrico ten sobre os custos de produción.

Nos orzamentos para 2023 duplícanse os orzamentos para axudar ás familias e ás empresas a rebaixar a factura eléctrica (pasan de 40 a 75 millóns de euros). Dentro desta partida, destínanse 17 millóns de euros a incentivar o autoconsumo e as comunidades enerxéticas empresariais. E no tocante á internacionalización, destínanse 20 millóns de euros a impulsar a presenza da Marca Galicia e das empresas galegas nos mercados internacionais.

II Foro Think Tank / Consellería de Ecomomía

Conde destacou que se traballa para que ao longo de 2023 se poida impulsar a tecnoloxía Blockchain como un factor diferencial nas empresas que pertencen ao selo de Galicia Calidade, axudándoas na súa innovación na cadea de subministración -o que achegará garantías de trazabilidade aos consumidores- e apoiando ás empresas no seu desenvolvemento dixital. Tamén se implantará un sistema de indicadores de sostibilidade que servirá para achegar valor ás empresas.

Como grandes proxectos na provincia prevense, a fábrica de fibras téxtiles de Altri, en Palas de Rei; a planta de Cafés Candelas; o centro de produción de biometano de Bioenergía Lugo; e os novos investimentos no Polo Aeroespacial de Galicia.

Pola súa parte, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre o potencial do sector agroalimentario galego. Alí destacou que Galicia conta con 36 produtos de calidade diferenciada que se verán reforzados coa nova Lei da Calidade Alimentaria de Galicia, que actualmente está na súa fase de tramitación. Neste senso, destacou que esta norma contribuirá a que estes produtos de calidade alcancen unha nova dimensión no mercado, máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...