O concurso que promove a Asociación Semente Monforte e as empresas e institucións colaboradoras contin´úa co seu obxectivo de incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra.
Nesta ocasión as ideas finalistas foron as seguintes:
- Lácteos Ribeira Sacra. Comercialización de produtos propios.
 - Energhius: Smarth energy harvesting. Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
 - TOXO. Laboratorio cosmético.
 - FungiGal: produción de fungos comestibles.
 - Peral Project. Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
 - A Maruxiña. Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
 - Elaboración sostible de tepes para xardinaría.
 - As barricas da Ribeira. Aloxamento turístico en barricas.
 - Casa Do Curuxo. Aloxamento e bodega, economía circular.
 - Beniu Soluciones. Tratamentos fitosanitarios con drons.
 

Este sábado pola mañá os participantes seleccionados presentaban os seus proxectos ante o xurado e pola noite dábanse a coñecer as ideas vencedoras, repartíndose os premios do seguinte xeito:
- 1º Premios: Lácteos Ribeira Sacra – 8.000 €
 - 2º Premio: A Maruxiña – 5.000€
 - 3º Premio: Beniu Soluciones – 3.000€
 
A entrega de premios e de diplomas a todos os finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron o Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, alcaldes do concellos que colaboran coa iniciativa e representantes das empresas que tamén a avalan. Tamén se contou coa asistencia dos finalistas no concurso e dos gañadores de edicións anteriores, presentando o acto a presidenta de Semente Monforte, Pilar López.
Desde o seu inicio o concurso ten contribuído a impulsar máis dunha vintena de proxectos que se se convertiron en realidade. A Asociación Semente de Monforte, que promove este concurso, nacía no 2014 despois de caer a Lotería de Reis na cidade.

                                    
