HomeEconomíaLácteos Ribeira Sacra, A Maruxiña e Beniu Soluciones gañan o VIII Concurso...

Lácteos Ribeira Sacra, A Maruxiña e Beniu Soluciones gañan o VIII Concurso de Semente Ribeira Sacra

Despois de dous anos presentando os proxectos on line, con motivo da pandemia, a VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra puidose celebrar este ano de maneira presencial. O escenario, como en anos anteriores, o Parador de Turismo de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso que promove a Asociación Semente Monforte e as empresas e institucións colaboradoras contin´úa co seu obxectivo de incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra.

Nesta ocasión as ideas finalistas foron as seguintes:

  • Lácteos Ribeira Sacra. Comercialización de produtos propios.
  • Energhius: Smarth energy harvesting. Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
  • TOXO. Laboratorio cosmético.
  • FungiGal: produción de fungos comestibles.
  • Peral Project. Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
  • A Maruxiña. Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
  • Elaboración sostible de tepes para xardinaría.
  • As barricas da Ribeira. Aloxamento turístico en barricas.
  • Casa Do Curuxo. Aloxamento e bodega, economía circular.
  • Beniu Soluciones. Tratamentos fitosanitarios con drons.
VIII Concurso proxectos empresariais Ribeira Sacra, presentación proxectos / Asociación Semente Monforte

Este sábado pola mañá os participantes seleccionados presentaban os seus proxectos ante o xurado e pola noite dábanse a coñecer as ideas vencedoras, repartíndose os premios do seguinte xeito:

  • 1º Premios: Lácteos Ribeira Sacra – 8.000 €
  • 2º Premio: A Maruxiña – 5.000€
  • 3º Premio: Beniu Soluciones – 3.000€

A entrega de premios e de diplomas a todos os finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron o Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, alcaldes do concellos que colaboran coa iniciativa e representantes das empresas que tamén a avalan. Tamén se contou coa asistencia dos finalistas no concurso e dos gañadores de edicións anteriores, presentando o acto a presidenta de Semente Monforte, Pilar López.

Desde o seu inicio o concurso ten contribuído a impulsar máis dunha vintena de proxectos que se se convertiron en realidade. A Asociación Semente de Monforte, que promove este concurso, nacía no 2014 despois de caer a Lotería de Reis na cidade.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...