InicioEconomíaNovembro de aumento de paro en Chantada e Sarria, en Monforte e...

Novembro de aumento de paro en Chantada e Sarria, en Monforte e Quiroga diminúe

A Secretaria de Acción Sindical de CC.OO. Lugo valora positivamente o descenso do paro na comarca de Lemos, de forma importante en Monforte que diminuíu en 17 persoas debido ao sector comercio e hostalería, non así en Chantada que aumento en 30 persoas sendo o Concello que máis creceu, xunto con Sarria que tamén aumento en 19 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde CC.OO. destacan a porcentaxe de contratos “Fixos Descontinuos”, que se realizaron xa que superaron o 45% dos contratos realizados, cifra nunca alcanzada. Aseguran que é como consecuencia da reforma laboral. Desde o sindicato tamén ven de forma positiva que dos 3025 parados de Lugo- centro-sur, 1281 están a cobrar prestaciónes, sendo a comarca de Lemos a máis bebeficiada con máis de 818 parados coas devanditas prestacións. A comarca con menos prestacións é a de Quiroga con só 145.

Por comarcas os datos do paro son os seguintes:

Lemos, 1360 (-17)

  • Bóveda, 38 (-4)
  • Pantón, 86 (+3)
  • A Pobra do Brollón, 55 (-2)
  • O Saviñao, 118 (+6)
  • Sober 66 (-3)
  • Monforte de Lemos 997 (-17)

Quiroga 242 (-3)

  • Folgoso do Courel 45, (+2)
  • Quiroga, 152 (-11)
  • Ribas de Sil, 45 (+6)

Chantada 533 (+31)

  • Carballedo, 66 (+5)
  • Chantada, 387 (+30)
  • Taboada, 80 (-4)

Sarria 890 (+24)

  • Sarria, 650 (+19)
  • O Incio, 47 (-1)
  • Láncara, 87 (+5)
  • O Páramo, 33(-2)
  • Paradela, 26 (+6)
  • Samos, 31 (-1)
  • Triacastela, 16 (-2)

Desde a secretaria de acción sindical destacan que o desemprego baixaase en 10 concellos de Lugo Centro Sur. Denuncia o sindicato ante a inspección de traballo, as malas prácticas dalgún empresario do sector agrogandeiro pola “vergonzante situación á que someten aos seus traballadores”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....