HomeEconomía6,13 M€ en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas...

6,13 M€ en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas en terceiros países

A Consellería do Medio Rural destina no ano 2023 máis de 6,13 millóns de euros en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a promoción de viños en terceiros países, co fin de seguir potenciando un dos sectores máis estratéxicos da economía galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas achegas para os investimentos en elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, a nova convocatoria ten un orzamento total de 4.432.119 euros, a executar entre o 2023 e o 2024. Estas axudas -que están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga)- teñen como finalidade mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade.

Poderán beneficiarse destas achegas as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e as organizacións interprofesionais. Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto, os custos xerais vinculados aos gastos anteriores tales como honorarios e estudos de viabilidade co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas. En canto ao prazo de solicitudes, os interesados teñen ata o 31 de xaneiro de 2023 para presentalas.

As achegas para apoiar a promoción do viño galego en mercados de terceiros países, isto é, fóra da Unión Europea, contan cun importe de 1,7 millóns de euros na convocatoria de 2023. Estas axudas están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Poderán acollerse ás subvencións as empresas vinícolas, as organizacións de produtores e as súas asociacións, así como os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados. Tamén se poderán beneficiar destas axudas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños, as organizacións profesionais e interprofesionais do sector e as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

Ao abeiro destas achegas, as accións e actividades de promoción que se poden desenvolver son todas aquelas nas que se dean a coñecer as características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como os viños varietais. Entre as accións promocionais destacan campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios, degustacións, etc.

O prazo para presentar as solicitudes de axuda remata o 13 de xaneiro de 2023. A presentación deberá facerse de xeito telemático, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...