HomeEconomíaO Consello Superior de Deportes concede 2.206.459€ para reformar o Pavillón da...

O Consello Superior de Deportes concede 2.206.459€ para reformar o Pavillón da Pinguela en Monforte

O Concello de Monforte vén de recibir unha notificación do Consello Superior de Deportes coa proposta de resolución provisional da concesión na convocatoria de axudas a entidades titulares de instalacións deportivas para obras de modernización de instalacións deportivas para acoller eventos deportivos internacionais en canto a eficiencia enerxética, inclusión e sustentabilidade, con cargo aos Fondos Europeos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 29 de novembro de 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado o extracto da Resolución de 24 de novembro de 2022 da Presidencia do Consello Superior de Deportes  pola que se convocan axudas a Entidades titulares de instalacións deportivas para obras de modernización de instalacións deportivas para acoller eventos deportivos internacionais. O Concello de Monforte presentou a solicitude de subvención o día 13.01.2023

O día 17.03.2023 O Concello de Monforte recibiu notificación da concesión de subvención por importe de 2.206.459,27 €, o que representa algo mais do 8% do total nacional e un o 60% do investimento total.

Un dos aspectos polos que máis puntuación se concedía na valoración dos proxectos presentados é a eficiencia enerxética que se conseguiría unha vez realizadas as obras. No caso das obras de reforma do Pavillón da Pinguela suporán unha mellora na eficiencia enerxética do edificio que permitira pasar dunha cualificación enerxética E a una cualificación enerxética B, en canto a consumo de enerxía primaria non renovable, e dunha cualificación enerxética F a unha cualificación enerxética A, en canto a emisións de CO2

Contratación das obras e financiación

O Concello de Monforte publicou o día 01.02.2023 na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación do contrato de “redacción do proxecto, dirección facultativa e execución da obra de reforma do polideportivo municipal de A Pinguela” por un presuposto base de licitación de 3.826.678,64 € (IVE incluido) dos que o Concello solo aportará 1.501.500 aproximadamente, o que supón o 40% do total, por iso sólo será necesario utilizar unha pequena parte do crédito.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, adxudicouse á UTE Construcciones Castro Figueró S.L.U. – Xestión Ambiental de Contratas S.L. o que presentou oferta de execución das obras por importe de 3.708.051,60 € o que supón unha baixa do 3,10 % (118.627,03 €) con respecto ao presuposto base de licitación.

No pleno extraordinario do día 06.03.2023 acordouse aprobar a tramitación do contrato de redacción do proxecto, dirección facultativa e execución da obra de reforma do polideportivo municipal de A Pinguela.

A financiación da obra será compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportará practicamente o 60% do custe da mesma (2.206.459,27 €) e o Concello de Monforte que aportará o 40 % restante (1.501.592,33 €).

O Alcalde mostra a súa satisfacción polo éxito das xestións diante do Consello Superior de Deportes, “xa que soamente unha instalación de Madrid obtivo mais axuda, sendo Monforte a segunda cidade de 55 cidades beneficiarias, sendo polo tanto os segundos mellor valorados, o que significa que o proxecto que presentou o Concello de Monforte é de calidade, quedando por detrás cidades como León, Granollers, Barcelona ou Valencia, e así ata 55 cidades.”

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...