HomeEconomíaA Ribeira Sacra "inspira o emprendemento" e o Polo Lugo Sur asesora...

A Ribeira Sacra “inspira o emprendemento” e o Polo Lugo Sur asesora a 26 proxectos emprendendores

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou este venres nunha xornada na adega Abadía da Cova organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Lugo sur (sito en Monforte de Lemos) para dar a coñecer as boas prácticas de empresas da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto titulado Conectando o polo co sector primario de transformación, a directora xeral puxo en valor a “velocidade de cruceiro” que está a tomar o Polo de emprendemento Lugo Sur que xa asesora a 28 persoas que están a liderar 26 proxectos empresariais activos.

Tal e como destacou a representante autonómica a Ribeira Sacra, ademais de ser unha das rexións máis fermosas de Galicia, é “fonte de inspiración para moitas persoas emprendedoras. Esta área xeográfica ofrece gran cantidade de oportunidades a diferentes sectores, entre eles ao sector primario de transformación que desempeña un papel fundamental na economía deste territorio”, engadiu.

Na sesión déronse a coñecer as boas prácticas de empresas como Adegas Moure, Casa da Fonte, Gandería Poluan, Airas Moniz e Tuta Fruta Eco Products. A través dunha dinámica de traballo colaborativo, as persoas participantes puideron traballar na identificación, a partir das necesidades do sector primario, os principais retos que poden xerar oportunidades de negocio.

Para axudar a impulsar proxectos emprendedores que dinamicen o rural, a Asocación Semente Monforte ten en marcha ata o 31 deste mes prazo aberto para inscribirse no seu Concurso de Proxectos Empresariais. Entregan 20.000€ en premios para dinamizar as ideas emprendedoras.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...