HomeEconomíaD.O. Ribeira Sacra, presente no 'Salimat Abanca' da Semana Verde de Galicia

D.O. Ribeira Sacra, presente no ‘Salimat Abanca’ da Semana Verde de Galicia

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, forma parte da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebra en Silleda do 8 ao 11 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O coñecido como ‘Salimat Abanca’ cita en Silleda esta vindeira fin de semana a múltiples organizacións sectoriais, entidades de promoción, pequenos produtores, artesáns, industria e gran distribución. Neste gran escaparate que supón a Semana Verde de Galicia uniranse todos os operadores devanditos para colaborar e facer negocio, impulsar o seu crecemento e resultados, reforzar o seu posicionamento e aumentar a súa visibilidade.

A D.O. Ribeira Sacra participa en Experiencias de Calidade coa AGACAL, tendo como principal actividade a Cata de Viños da D.O. Ribeira Sacra por parte do Consello Regulador da D. O. Ribeira Sacra, que terá lugar o xoves, día 8 de 17.30 a 18.30h., no marco de “Experiencias de Calidade”.

AXENDA DE ACTIVIDADES CON PRESENZA DA D.O. RIBEIRA SACRA

  • Xoves, 8 de xuño de 14:00 a 15:00h. Masterclass IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega/Boi Galego con IXP Pan de Cea e IXP Tarta de Santiago e DO Ribeira Sacra, co Chef, José Manuel Mallón – Espazo Remollo (Ames, A Coruña)
  • Sábado, 10 de xuño de 13:30 a 14:30h. “Experiencias de Calidade” / Cata de viños galegos premiados nas Catas de Galicia 2022: DO Rías Baixas, DO Monterrei, DO Ribeira Sacra, DO Ribeiro, DO Valdeorras. Presenta: Sumiller Nacho Costoya
  • Domingo, 11 de xuño, de 11:30 a 12:30 h. “Experiencias de Calidade” / Cata-degustación IXP Pataca de Galicia e DO Ribeira Sacra. Chef: Criselda Iglesias – Tapería Lecer (Cangas de Morrazo, Pontevedra)

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...