HomeEconomíaMonforte destina 25.000€ en axudas ó transporte universitario e ciclos

Monforte destina 25.000€ en axudas ó transporte universitario e ciclos

O concello de Monforte ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ó transporte de estudantes universitarios e de ciclos de formación, logo da publicación o día 30 de setembro das bases que regulan estas axudas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Así xeito, o prazo de presentación destas axudas rematará o 27 de outubro de 2023, incluído.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poden optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado no concello de Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do municipio.

O alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 5.000 euros con respecto ó mesmo período do 2021, e en 11.000€ con respecto ó ano 2020, dende o equipo de goberno contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fóra do noso concello. A contía destas axudas fíxase en 25.000 €. O concello tamén dispuxo nas pasadas semanas unha liña de axudas de 25.000 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, que foron adxudicados a 182 beneficiarios.

Estas axudas serán compatibles coas concedidas por outras administracións ou entidades privadas sempre e cando o importe total das axudas non supere o gasto total. Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. Quedarán excluídas aquelas rendas per cápita familiares superiores a 12.000€. Cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.

As instancias para participar neste concurso atópanse a disposición dos interesados na páxina web municipal, http://www.monfortedelemos.es/gl/axudas/, e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Ditas solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou, no seu caso, nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, dende a publicación da convocatoria no BOP e ata o 28 de outubro de 2022.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...