HomeEconomíaQuiroga pecha este 19 de outubro a campaña "Mercar no teu comercio...

Quiroga pecha este 19 de outubro a campaña “Mercar no teu comercio ten premio”

O evento final da campaña empezará ás 10.00 na Praza da Peregrina (Rúa Real). Ata as 13.00 poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 11 ao 19 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os 1.000 euros a sortear repártense en 2 tarxetas prepago de 300€ e 8 tarxetas de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local. Todos os clientes participantes poderán optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. Ás 12.00 horas haberá tamén un espectáculo musical.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Federación de Comercio de Lugo e a Asociación de Empresarios Xeoparque Montañas do Courel.

Así, todos os clientes de Quiroga que realizaran compras por importe mínimo de 10 euros no comercio de proximidade entre o 11 e o 19 de outubro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo contará mañá coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Almudena Rodríguez, presidenta da Asociación Empresarios Xeoparque Montañas do Courel; así como José Luis Rivera, alcalde de Quiroga; e Manuel Rodríguez, directora de oficina de ABANCA en Quiroga; así como outros directivos da asociación empresarial e do Concello.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...