HomeEconomíaAdxudican os contratos para a nova estación de Lugo e a variante...

Adxudican os contratos para a nova estación de Lugo e a variante de San Xiao

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou dous contratos, cun valor global de 41 millóns deeuros, para a creación da nova estación de tren de Lugo e a prolongación da variante da Pobra de San Xiao.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou o Ministerio, o referente á estación de tren alcanza os 22,3 millóns de euros e recolle a urbanización do entrono na zona da Praza Conde Fontao-Rúa Alta e Parque do Sacro Corazón.

O outro contrato ascende aos 18,6 millóns de euros para a prolongación de 1,6 quilómetros cara ao Leste da variante da Pobra de San Xiao e esta actuación foi adxudicada á Unión Temporal de Empresas (UTE), integrada por Comsa e Civis Global.

O proxecto da nova estación, que será compatible co tráfico ferroviario, inclúe un novo edificio de viaxeiros, un paso inferior entre plataformas, un novo paso urbano peonil, a demolición do edificio de Correos e a urbanización da contorna urbana. Para esta recibiron 20 ofertas e realizaraa a Construtora San José.

Desta forma, a actuación forma parte dos acordos alcanzados no convenio de colaboración asinado entre Adif, as Xunta e o Concello de Lugo.

En canto aos traballos de ampliación, que non afectarán á circulación ferroviaria, acollen a construción dunha nova plataforma e a conexión coa infraestrutura actual, a montaxe de vías auxiliares para situacións provisionais e de traballo, a execución e reposición de instalacións de seguridade e comunicacións, e o izado de postes de catenaria, execución e reposición da electrificación, entre outras.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...