HomeEconomíaO comercio de Sarria celebra San Valentín coa campaña "O teu corazón...

O comercio de Sarria celebra San Valentín coa campaña “O teu corazón pide Sarria”

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve desde este xoves, día 1 de febreiro, ata o día dos namorados, a campaña promocional "O teu corazón pide Sarria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no periodo da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas.

Sorteanse catro ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma). O sorteo, que dará a coñecer os nomes das persoas premiadas, será o venres, 16 de febreiro, ás 12:30 horas.

“O teu corazón pide Sarria é unha campaña coa que esperamos chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as súas compras de San Valentín no CCU de Sarria (agasallos, ceas, …)”, destacan desde o ACES-CCU Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...