HomeEconomíaImpulso e sinerxias no comercio local a debate no Polo de Emprendemento...

Impulso e sinerxias no comercio local a debate no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Emprendemento, Margarita Ardao, participou esta semana na xornada Impulso e sinerxías -organizada desde o Polo de Emprendemento de Monforte de Lemos en colaboración coa Asociación CCU Monforte e a Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next- na que expuxo o mapa de axudas que a Xunta leva convocadas neste inicio de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral explicou que desde a próxima semana, persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pemes e entidades de economía social poderán solicitar ás axudas ao emprendemento publicadas no Diario Oficial de Galicia e dotadas cun orzamento de 6,5 millóns de euros. Con elas, o Goberno galego busca impulsar as iniciativas, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á mellora da súa competitividade, indicou.

As achegas van dos 3.000€ aos 30.900€ (en función da magnitude do investimento realizado) para dar cobertura, entre outros, a gastos vencellados co proxecto empresarial en materia de equipamento  informático, eficiencia enerxética,  equipamento e mobiliario, ou na reforma das instalacións.

Tal e como destacou Ardao, os doce polos de emprendemento que están a dar cobertura ao 100% do territorio galego estanse a converter en puntos para amplificar o coñecemento de todas as liñas coas que contan as galegas e galegos que desexen  iniciar unha actividade na comunidade -ben por conta propia, como peme ou como entidade dentro da economía social- prestando apoio en todas as fases de desenvolvemento da idea e brindando asesoramento técnico e a información necesaria para que poidan coñecer e acceder aos recursos existentes.

A directora xeral fixo especial fincapé no acompañamento que a Administración autonómica está a dispensar ás persoas que dan os primeiros pasos no seu emprendemento. Destacou a nova medida coa que a Xunta de Galicia dá cobertura á cota reducida das novas altas de autónomos. Tamén os apoios destinados a impulsar a contratación de persoal, ambas as dúas co prazo de solicitude vixente.

Polo de Emprendemento Monforte / Consellería de Promoción do Emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ofrece financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia a través de dúas liñas que suman un orzamento de 28,9 millóns de euros. Neste total inclúese a partida de 9,6 millóns de euros para subvencionar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante 12 meses.

Tamén permanece aberto o prazo para pedir as axudas que -cun importe de 1,3 millóns de euros- buscan incentivar a contratación por parte das persoas autónomas do primeiro, segundo e terceiro traballador, cunha maior contía se contratan mulleres.

A maiores, Ardao referiuse a dous programas de axudas ao emprego autónomo que suman 9,5 millóns de euros: para mellorar a competitividade de traballadores autónomos cunha antigüidade superior aos 42 meses (Bono Autónomo) e para apoiar a profesionais que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade (Bono nova oportunidade). Os polos de emprendemento postos en marcha hai ano e medio xa asesoraron máis dun milleiro de proxectos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...