HomeEconomíaAs instalacións do Polo de Emprendemento de Sarria están listas para comezar...

As instalacións do Polo de Emprendemento de Sarria están listas para comezar a funcionar

Este centro elevará a cinco o número de Polos da provincia de Lugo, tras os de Mondoñedo, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Friol. A nivel galego, suporá o número trece, para seguir dinamizando o territorio a través da creación de emprego de calidade e do asentamento da poboación

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou este xoves as instalacións que xa están listas para acoller o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria, que comezará a funcionar en breve.

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego presta asesoramento individualizado en calquera fase en que se atope os proxectos empresariais, de principio a fin. O obxectivo é facer dos Polos verdadeiros centros de dinamización dos territorios nos que se asentan, sobre todo no rural, converténdoos en foros de interlocución que permitan recoller as demandas da poboación e dar resposta desde a Administración coa colaboración do sector privado.

A Rede leva atendido máis de 1.200 proxectos en toda Galicia, dos que máis de 270 se asesoraron na provincia lucense. Entre o máis de medio cento de iniciativas que chegaron ao Polo de emprendemento de Mondoñedo, predominan as relacionadas coa hostalaría, seguidas das relativos ao comercio e das que teñen que ver coa agricultura, a gandaría, a silvicultura ou a pesca.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...