HomeEconomía"Con cariño para papá!" do 6 ao 19 de marzo no comercio...

“Con cariño para papá!” do 6 ao 19 de marzo no comercio de Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve deste este mércores, día 6 de marzo, e ata o día do pai (19 de marzo) unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende este mércores ata o 19 de marzo as compras nos establecementos do ACES Sarria dan a oportunidade de premiar a un pai cun regalo especial e diferente. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas urnas habilitadas nos establecementos asociados á ACES, cubrindo os datos dun papá (que pode ser seu pai, el mesmo, un avó, un tío, …).  

“Este ano o Día do Pai o queremos celebrar dun xeito especial, os pais serán os protagonistas. ¡Con cariño, para papá!“, destacan desde a ACES. Trátase da terceira campaña do Centro Comercial Urbano de Sarria neste ano, coa que se pretende dar valor ao comercio local.

O venres, 22 de marzo, procederase ao sorteo e coñecerase ao papá premiado que gozará dun vale de compra de 200€ para gastar nos nosos comercios asociados.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...