InicioEconomíaMonforte investirá 1,7M€ de remanentes na mellora de infraestruturas e servizos

Monforte investirá 1,7M€ de remanentes na mellora de infraestruturas e servizos

As inversións anunciadas comprenderán diversas áreas de actuación, como son o Verán Cultural, a área de deportes, as infraestruturas urbanas e rurais e a Zona D. Esta partida orzamentaria, que procede de remanentes, será levada a Pleno municipal o vindeiro luns 25 de marzo, para a aprobación dun suplemento de crédito por un total de 1.743.208,18 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo anunciou o alcalde de Monforte, José Tomé, á mellora da infraestruturas deportivas destinaranse 519.426,48€, entre as que se inclúen actuacións na Piscina municipal por valor de 180.000€. 110.000€ para as actividades do Verán Cultural onde teñen especial protagonismo os grupos e artistas monfortinos cun ciclo de concertos. Cóntase ademais cunha ampla variedade de actividades relacionadas co teatro, coas accións de rúa, a maxia, ou a música nos máis variados estilos, dirixidas a todos os públicos.

Para a urbanización da Zona D destínanse 262.000 euros. Logo de ser aprobado o proxecto de reparcelación da Zona D en Xunta de Goberno do día 7 de xullo de 2023, cun custe que rondará os 400.000€ que se financiarán con fondos propios municipais, e tras o anuncio, a finais do ano 2023, da planimetría desta zona, dende o Concello séguese a traballar para o desenvolvemento deste novo espazo urbano, “que dará fachada á rúa Cardenal e ó Parque dos Condes, o que vai supoñer unha mellora significativa”.

Na mellora das infraestruturas viarias tanto da cidade como das parroquias monfortinas investiranse case 650.000€. E cóntase cunha partida de 95.000€ para mellora de edificios municipais coma o garaxe da Casa Consistorial ou as instalacións do Mercado Gandeiro.

15.000€ detinaranse á reposición dos elementos de xogo do Parque infantil do Colexio A Gándara, “unha mellora que se aborda dende o Equipo de Goberno de xeito excepcional, dado o estado de deixadez no que se atopa esta zona de xogo por parte da Xunta de Galicia, pois é competencia súa a súa reposición”.

Finalmente, recóllense 100.000€ para a modificación do contrato da recollida do lixo, logo da implantación o pasado ano do sistema de recollida de materia orgánica, que se está levando a cabo xa de xeito integral nas parroquias, na área periurbana, urbana e tamén en grandes produtores.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...