HomeEconomíaMarzo deixa 45 parados menos no centro-sur da provincia

Marzo deixa 45 parados menos no centro-sur da provincia

CC.OO ve aos concellos de Sarria, Monforte de Lemos e Quiroga os máis dinámicos e aos de Carballedo, Ribas de Sil e Folgoso do Courel cun maior estancamento na creación de emprego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente a redución do paro, con 45 parados menos nas comarcas de Lugo Centro Sur no mes de marzo.

Paro na comarca de Lemos 1352 (-7), por concellos:

  • Bóveda 43 (+1)
  • Monforte de Lemos 951 (-15)
  • Pantón 93 (+1)
  • Sober 64 (+3)
  • O Saviñao 134 (+10)
  • A Pobra do Brollón 67 (=)

Paro na comarca de Quiroga 236 (-6), por concellos:

  • Folgoso do Courel 43 (+3)
  • Quiroga 145 (-8)
  • Ribas de Sil 48 (-1)

Parco na comarca de Chantada 526 (-4), por concellos:

  • Carballedo 57 (+2)
  • Chantada 378 (+1)
  • Taboada 91 (-7)

Paro na comarca de Sarria 788 (-28), por concellos:

  • O Incio 32 (=)
  • Láncara 86 (=)
  • Paradela 17 (-2)
  • O Páramo 21 (-7)
  • Samos 30 (+3)
  • Sarria 589 (-18)
  • Triacastela 13 (-4)

Desde CC.OO destacan o dinamismo na comarca de Sarria, “cun sector, Hostalería, en auxe debido ao Camiño de Santiago. Seguido dos bos datos de toda a zona Sur”. Destacan tamén o aumento da contratación indefinida, “así como a mellora salarial de moitos mozos coa subida do salario mínimo aos 1,134,00 €”.

A Secretaría de Acción Sindical lamenta que algúns empresarios do sector servizos sigan despedindo aos seus traballadores durante o período de proba sen xustificación algunha, “xa denunciamos estas prácticas abusivas e explotadoras ante a inspección de traballo de Lugo. Así como a explotación de moitos traballadores do sector agrario ao ter que realizar xornadas maratonianas (12—14 horas)”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...