HomeEconomíaAxudas para a reconversión da viña e 'Día do viño DO'

Axudas para a reconversión da viña e ‘Día do viño DO’

Estas subvencións teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitivinícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sutentable. Todas as solicitudes de reestruturación tramitadas na D.O. Ribeira Sacra foron de variedades brancas e tintas minoritarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No DOGA do 26 de marzo publicábase a Orde da Consellería do Medio Rural, na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia.

Ata o 26 de abril os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra tramitaron as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Así foron 6 empresas e 7 particulares os que solicitaron estas axudas para unha superficie total de 7,4828 Ha (3,2608 Ha para replantación, 4,2220 Ha para cambios de variedade e/o sistema de condución). Todas as solicitudes de reestruturación tramitadas foron de variedades brancas e tintas minoritarias.

Estas axudas ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas buscan aumentar o grao de profesionalización do sector vitícola galego, poténciase o cambio xeracional e un desenvolvemento ruraI.

DÍA VIÑO D.O. 2024

A D.O. Ribeira Sacra volve sumarse a esta acción como o leva facendo cada ano e nesta edición, o brinde farase no Campo da Feria de Ferreira de Pantón, coincidindo coa celebración da XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

O Día Viño D.O. organízase cun dobre obxectivo: achegar á xente un dos produtos máis vinculados e que máis prestixio dan ás zonas rurais, o viño con denominación de orixe, e ao mesmo tempo reivindicar os valores e o impacto positivo que as D.O. teñen sobre os territorios nos que se ubican e sobre as comunidades que viven neles.

A iniciativa chega este ano á súa oitava edición e todas as actividades levaran como lema “las denominaciones de origen dan vida a nuestros pueblos. ¡Celebremos lo que nos une!”. Convídase tamén a compartir sobre este tema co hashtag #VINODOcohesionsocial.

Quérese que as denominacións de orixe do viño promovan comunidades máis cohesionadas e máis unidas porque axudan a xerar identidade, arraigo e sentido de pertenza. Así mesmo, contribúen á preservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio e favorecen o desenvolvemento económico, social e cultural do rural.

ÚLTIMAS

Catro empresas do sur de Lugo galardoadas nos ‘Premios Galicia Alimentación 2026’

A duodécima edición dos Premios Galicia Alimentación, organizados por el Clúster Alimentario de Galicia...

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...