HomeEconomíaQuere o teu mercado, o 25 e 31 de maio en Monforte

Quere o teu mercado, o 25 e 31 de maio en Monforte

O Concello de Monforte súmase un ano máis á campaña internacional Quere o teu mercado, que se celebrará o sábado 25 e o venres 31 de maio. O obxectivo é fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, neste caso, na Praza de Abastos da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino, José Tomé, indicou que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.

O vindeiro sábado 25 de maio terá lugar na Praza de Abastos, a partir das 12:30 horas, unha degustación de produtos locais provintes dos praceiros: queixos e embutidos, empanadas, entre outros, acompañados de viños da D.O. Ribeira Sacra. Nesta primeira xornada farase tamén a entrega de agasallos da campaña “Quere o teu mercado”.

A vindeira semana, o venres 31, dende as 8 da tarde, a Praza de Abastos acollerá una xornada enogastronómica, na que o público asistente poderá degustar viños da D.O Ribeira Sacra, xunto con produtos gastronómicos da Praza, que serán elaborados por varios restaurantes locais e porporcionados por adegas da denominación. 

Poderase así degustar as delicias culinarias da gastronomía local con tapas variadas e música en directo, co concerto acústico do grupo monfortino “Segunda Parte”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...