HomeEconomíaEn maio descende o paro en 110 persoas en Lugo centro sur

En maio descende o paro en 110 persoas en Lugo centro sur

Desde a Secretaría de CC.OO LUGO destacan a diminución do paro no centro sur en 110 persoas quedando o paro nestas catro comarcas (Lemos -Chantada - Quiroga - Sarria) en 2.685 parados rexistrados no Sepe

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora como “excelentes” os datos do paro en Lugo Centro Sur, ao baixar por primeira vez da cifra fatídica dos 3000 parados, “Vemos neste mes de maio a mellor diminución das últimas dúas décadas”.

Na comarca de Lemos os datos do paro son: 1249 persoas paradas (-53)

  • Bóveda – 42 (-1)
  • Monforte – 889 (-23)
  • Pantón – 77 (-5)
  • A Pobra do Brollón – 60 (-5)
  • O Saviñao – 113 (-18)
  • Sober – 68 (-1)

Na comarca de Quiroga: 214 (-12)

  • Folgoso do Courel – 39 (-2)
  • Quiroga – 136 (-9)
  • Ribas de Sil – 39 (-1)

Na comarca de Chantada: 488 (-19)

  • Carballedo – 54 (-5)
  • Chantada -352 (-12)
  • Taboada – 82 (-2)

Na comarca de Sarria: 734 (-26)

  • O Incio – 30 (=)
  • Láncara – 79 (+1)
  • Paradela – 20 (+1)
  • O Páramo – 16 (-7)
  • Samos 25 (-7)
  • Sarria – 554 (-7)
  • Tricastela – 10 (-7)

Desde a Secretaría de CC.OO LUGO destacan a diminución do paro no centro sur en 110 persoas quedando o paro nestas catro comarcas ( Lemos Chantada – Quiroga – Sarria) en 2.685 parados rexistrados no Sepe. Desde o Sindicato destacan como mellores datos os concellos de Monforte con 23 parados menos. Así como o O Saviñao con 18 e Triacastela con 7. Considera o sindicato que a mellora nos datos é consecuencia da Reforma Laboral asinada entre o Goberno e o CC.OO.

CC.OO ve como moitos traballadores da Zona Centro – Sur ao redor duns 1.852 parados que aínda non conseguiron un emprego, cobran unhas prestacións de máis de 1.050€ vendo ademais mellorar o seu poder adquisitivo en 45 Euros. CC.OO tamén valora como positivo que todos os concellos de Lugo – Centro diminuíse el paro (18 Concellos) sendo o concello do Incio o único en que non baixou o desemprego 30 parados (=).

CC.OO considera que esta reforma Laboral está a dar moitas esperanzas a moitos mozos xa que aumentou en máis do 10% os que conseguiron emprego por primeira vez. Desde a Secretaría de CC.OO LUGO tamén destacan a dignificacion de moitos traballadores dos Sectores como: Hostalería, Comercio e especialmente o AgroGandeiro que se viron beneficiados coa subida do S.M.I.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...