HomeEconomía6 de setembro de festa de Volta ao Cole co CCU de...

6 de setembro de festa de Volta ao Cole co CCU de Monforte

Este venres, 6 de setembro, a Praza de España transfórmase nun divertido campo de xogos onde non faltará un futbolín humano, unha diana xigante e outras sorpresas. As actividades desenvolveranse en horario de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 20.00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A gran festa de Volta ao Cole que organizan os comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte está de volta. Para poder acceder ás actividades será necesario presentar tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 20 de agosto ou posterior).

Dentro das propostas para esta xornada está o II Concurso de puntería do CCU. Para participar hai que estar presente antes das 18.30h na Praza de España, xunto á Diana Xigante, e avisar aos monitores do interese en participar no concurso (todo aquel que avise máis tarde das 18.30h quedará excluído do concurso e non poderá participar)

Para poder participar no concurso hai que presentar tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€. Podem participar persoas maiores de idade ou menores acompañados por algún dos seus pais ou representante legais

Poderán gañarse os seguintes premios:

  • Primeiro clasificado = 300€ (6 vales agasallo de 50€)
  • Segundo clasificado = 150€ (3 vales agasallo de 50€)
  • Terceiro clasificado = 50€ (1 vale agasallo de 50€)

Todos os premios serán entregados en vales de 50€. Cada vale debe ser gastado integramente nun mesmo establecemento asociado ao CCU (non se poden dividir) e non se poden gastar/utilizar máis de 2 vales (100€) nun mesmo establecemento.

Os vales agasallo teñen como data de caducidade o 22 de setembro de 2024. Pasada esa data non poderán ser utilizados polo premiado nin aceptados en ningún establecemento asociado.

ÚLTIMAS

Afamon súmase á organización de accións co gallo do ‘Día Mundial do Alzhéimer’

O día 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer, data que activa...

A D.O. Ribeira Sacra fixa o 23 de setembro como data recomendada para o inicio da vendima

Para establecer a data recomendada para o inicio da vendima téñense en conta os...

Este 13 de setembro comeza en Sarria a 22ª Volta Ciclista a Galicia

A primeira etapa da Volta a Galicia, o 12 de setembro, será unha contrarreloxo...

Os socialistas da Pobra do Brollón acusan a Javier Arias de “falta de compromiso co alumnado do municipio”

Dende o PSdeG-PSOE da Pobra do Brollón consideran inadmisible que un representante público “se...