HomeEconomíaCase 18M€ de orzamentos municipais para Monforte "sen subir os impostos"

Case 18M€ de orzamentos municipais para Monforte “sen subir os impostos”

Os orzamentos serán levados a Pleno o vindeiro luns día 25 de novembro “no que esperamos que o resto dos grupos municipais tamén o apoien porque trátanse duns orzamentos que son bos para Monforte, e non hai razóns obxectivas para non apoialos, salvo si se quere buscar rédito político”, sinalou José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, destacou na presentación dos orzamentos “seguimos facendo historia, ningún alcalde aprobara os orzamentos en tempo e forma durante 10 anos consecutivos, como así o levamos facendo nós, para que os orzamentos entren en vigor a principios do ano entrante”.

A previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2025 é de 17.802.794€, case 18 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2024 de 1.416.458,04€ (en 2024 era 16.386.335,96€), é dicir, un 8,64% máis, “grazas basicamente á participación dos ingresos do Estado”.

INGRESOS

Os ingresos correspondentes á participación nos Tributos do Estado son de 5.746.040€, fronte ós 4.420.000€ de 2024, 1.326.040€ máis, o que supón un 30% máis.

Os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan só en 47.494,89€, “o que segue evidenciando que o goberno da Xunta de Galicia, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte como se merece nin ós Concellos en xeral” subliñou o rexedor monfortino.

Os ingresos que merecen unha especial atención, debido a que algún deles aumentan, segundo a previsión dos servizos económicos en base á execución de este ano, son os seguintes:

  • A partida correspondente ó IBI increméntase en 100.000€ con respecto ó ano 2024, cun ingreso previsto de 4.290.000€, un 2,3% máis, mantendo dende que chegamos ó Goberno, o mesmo gravame que había cos anteriores, sen incrementar nada. Estes ingresos son basicamente de edificacións que da de alta o Catastro, xa que o imposto segue sendo o mesmo.
  • A partida correspondente á taxa de lixo, increméntase en 524.000 euros, pasando de 1.176.000€ en 2024 a 1.700.000 en 2025, un 45% máis, que é debido ó incremento do Canon de Sogama, que aumenta en 42€ por tonelada, pasando dos 66€ actuais ós 108€ en 2025, “e ímolo diferenciar no recibo, é dicir, igual que ocorre co recibo da auga, que por un lado figura o consumo e por outro lado o canon, imos facer do mesmo xeito co recibo do lixo, por un lado irá o que se pagaba ata 2024 e polo outro irá a suba de Sogama, para que os veciños e veciñas vexan a diferencia”, salientou o Alcalde.
  • Polo que respecta á Piscina municipal, “como saben estamos nestes momentos levando a cabo as obras de mellora integral, polo que os meses que está pechada non cobraremos as taxas correspondentes ós seus usuarios”.
  • Tamén se reflexa un incremento de 10.000€ correspondente ó imposto do 1,5% que deben satisfacer as empresas enerxéticas, de telecomunicacións e de gas.

GASTOS: Desglose por Capítulos

O Capítulo 1 corresponde ó persoal, e nel aumenta o gasto en 559.218,23 euros, un 10,75% máis, quedando a partida total en 5.761.303,60 €, fronte ós 5.202.085,37 € de 2024. O alcalde explicou que “esta subida corresponde ó incremento comprometido por este Alcalde que lles fala, para a aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que por terceiro ano consecutivo se ve reflexado nestes orzamentos”. Tamén se reflexa neste incremento, a cobertura de postos que se atopaban vacantes, tendo especial relevancia o incremento na cobertura da plantilla da Policía Local.

No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, a partida total é de 9.415.157,17€, fronte os 8.898.094,31€ de 2024, polo que increméntase en 517.062,86€, o que representa un aumento porcentual do 5,81%, debido principalmente á aportación de gasto para o SAF (un 2,5%), ou ó incremento do lixo, e dado que sube o IPC tal e como ven establecido no contrato, máis todos os aspectos sociais.

No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, a partida total é de 1.202.857,90€, fronte ós 1.185.076,58€ de 2024, polo que aumenta en 17.781,32€, o que significa un aumento do 1,50%, igual ó IPC, a incrementos en subvencións en deportes e en subvencións nominativas a entidades.

Nos Capítulo 6 y 7, o importe destinado a investimentos é de 1.206.014,80€, fronte a 1.014.079,70€ que tiñamos no ano 2024, é dicir, 191.935,10€ máis, un 19% máis, “un incremento moi significativo xa que o Concello de Monforte lévao a cabo con fondos propios”.

José Tomé amosou a súa satisfacción afirmando que “estes orzamentos para o ano 2025 apóianse en dous piares fundamentais que son os servizos sociais e as inversións. Queda claro que son efectivamente, sociais, porque o noso obxectivo son as persoas, e que todos os veciños e veciñas que o necesiten, teñan a seguridade de que o Concello vainos apoiar”.

Ademais conxélanse as taxas e impostos, e que non hai ningunha subida, a excepción daqueles servizos que están suxeitos a contrato e que teñen cláusula de actualización do IPC, como son a auga e o lixo..

O gasto social destinado para o ano 2025 na Axuda no fogar (SAF) ascende a 1.942.500€, fronte ós 1.894.033,64€ de 2024, 48.466,36€ máis, un 2,5% máis. O Executivo de José Tomé aumenta a partida de emerxencias sociais ata os 75.000€ en 2025, 15.000€ máis que en 2024 (60.000€), un 25% máis, “porque somos conscientes do que supón o aumento da inflación nos fogares onde se ven involucrados sobre todo persoas maiores e nenos”.

A partida de investimentos aumenta un 19%, unha parte deste investimento vai destinado a melloras e reposicións de vías urbanas, por importe de 350.000€. Inclúese a mellora do Polígono Industrial do Reboredo, coa aportación de 129.381,47€ para a nova EDAR. Respecto da Piscina Municipal, o Concello destina 150.000€ para equipamento, ximnasios, vestiarios, etc., e 100.000€ para a nova caldeira de calefacción e auga quente.

Para os gastos de actividades e da Feira Medieval contémplanse 180.000€ en 2025 un 33,33% máis. Tamén se incrementa nun 260% a aportación para o Festival do Viño, ata chegar a 180.000€. A aposta polas Festas Patronais é firme: “cun orzamento previsto en 2024 de 300.000€, tivemos que completalo con remanentes, polo que este ano o orzamento será de 450.000€ porque queremos que as nosas festas sigan sendo un referente, como conseguimos agora que sexan, e que Monforte estea cheo de xente”.

“Con estes datos, queda claro que estes orzamentos son os máis sociais da historia do Concello de Monforte e son uns orzamentos mellorados ano a ano, que nunca se estancaron, o que demostra que temos unha preocupación máis social, que queda explicitada nestes orzamentos, que é onde hai que demostralo aportando recursos”, destaca o alcalde.

As prioridades dos orzamentos presentados polo alcalde son, segundo explicou, a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura e o medio ambiente. “Como se pode ver, son uns bos presupostos para Monforte e por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos ó Pleno do vindeiro luns 27 de novembro, uns orzamentos que, reitero, son bos para Monforte, e non hai razóns obxectivas para non apoialos, salvo si se busca o rédito político, que serán aprobados en todo caso, pola ampla maioría absoluta que nos outorgaron os veciños e veciñas de Monforte”, concluíu José Tomé.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...