HomeEconomíaA Deputación esíxelle ao Concello de Sarria e á Xunta de Galicia...

A Deputación esíxelle ao Concello de Sarria e á Xunta de Galicia a posta en marcha do Matadoiro Municipal

Así se acordou no Pleno ordinario do mes de novembro celebrado este martes no Pazo de San Marcos tras unha proposta de Goberno que foi aprobada por unanimidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antes da sesión plenaria, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia de que esta dotación pública estea ao servizo dos cidadáns de Sarria e da comarca, pediu o compromiso da Xunta de Galicia, e urxiuna a que “se molle”.

Explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, durante o Pleno que as máis de 950 granxas da comarca -das que 232 están no municipio de Sarria- están tendo que levar o gando a matadoiros doutros concellos, “o que significa máis custos e menos competitividade por culpa da mala xestión municipal”. Nese sentido, Rivera Capón relatou como tras unha avaría ocorrida a finais de agosto na caldeira de auga quente e vapor, e tras meses pechado, o Alcalde sarriao sinalou débedas da dotación municipal de entre 150.000 e 200.000 euros.

Unha situación que segundo denunciou o Deputado está a motivar a perda de moito volume de negocio e repercutindo no consumidor final polos custos que supón o transporte ao adquirir gando doutras comarcas. Recordou ademais que hai apenas dúas semanas unhas 400 persoas se concentraron en Sarria ante esta situación.

O texto da proposta de Goberno recolle, por unha banda, instar ao Concello de Sarria a ser dilixente e áxil á hora de resolver a situación ante o “malestar” do sector, e de presentar o antes posible un proxecto económico sólido e viable á Xunta de Galicia para recuperar con celeridade a actividade do matadoiro de maneira definitiva e non con carácter transitorio. Por outra, esixirlle á Consellería do Medio Rural da Xunta a cumprir co seu compromiso de subvencionar gran parte do investimento necesario para poñer en marcha o matadoiro de Sarria.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...