HomeEconomíaO BNG informa e axuda na tramitación das subvencións aos viticultores

O BNG informa e axuda na tramitación das subvencións aos viticultores

O C.R.D.O.R.S. tamén ofrece a súa colaboración na solicitude das axudas que vén de publicar a Consellería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas organizan actos informativos sobre a tramitación das axudas publicadas a semana pasada no DOG para a conservación do entorno paisaxístico e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra. Este xoves, 9 de xaneiro, achegaranse ás 18:00h a San Clodio e ás 20:00h estarán en Quiroga.

“Nas aldeas estamos moi afeitas á autosuficiencia porque padecemos a desidia das administracións no vivir cotiá, e iso fíxonos máis fortes, pero somos hoxe máis dependentes que hai corenta anos, e xa vedes que poucas quedamos” lamenta Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG, que cre que na Ribeira Sacra hai futuro da man dos sectores produtivos, “pero con políticas adaptadas á nosa idiosincrasia, podemos producir moi bos viños, pero non podemos facer chairas nas ribeiras, nin queremos”.

Prieto insiste en que “a situación que se deu no 2024 pode ser a véspera do abandono masivo do cultivo das Ribeiras, o que significaría sepultar tamén, a candidatura a Patrimonio da Humanidade, e as oportunidades que esta puidese abrir”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...