HomeEconomíaII Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

Chantada acollerá este martes, 14 de xaneiro, o II Foro de Innovación Empresarial enmarcado no programa Conecta Lugo, impulsado pola Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Confederación Empresarios de Lugo (CEL).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, presentaron este luns o programa, que se desenvolverá no auditorio municipal a partir das 16:45h e que está rexistrar un alto poder de convocatoria.

A xornada fará fincapé en fomentar a cultura da innovación entre as empresas da Zona Sur da provincia de Lugo. Contará coa participación de Xavier Marcet, consultor en estratexia, innovación e emprendemento corporativo, presidente de Lead To Change LTCproject e autor de varias publicacións de referencia en materia de xestión e competitividade empresarial.

Tamén haberá unha mesa redonda sobre ‘Innovación para transformar o territorio’, na que participarán axentes de organismos públicos que desenvolven programas de apoio empresarial xunto con CEOs de diferentes empresas con traxectoria innovadora de interese.

Arias subliñou que a Xunta está a potenciar as accións “para divulgar entre o empresariado lucense todas as subvencións e recursos xestionados polo Goberno galego aos que poden acceder”. Esta aposta “está a dar o seu froito, xa que os apoios chegan cada vez a máis negocios da provincia”. En concreto, no ámbito da innovación “as solicitudes de axudas de firmas lucenses multiplicáronse por catro nas últimas convocatorias, ata acadar arredor do 20% do total de Galicia”.

Foro Chantada / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...