HomeEconomíaXunta e Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reforzarán a súa colaboración

Xunta e Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reforzarán a súa colaboración

Martín Alemparte, director de AGACAL, e Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, mantiveron unha primeira reunión de traballo esta semana en Monforte,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da denominación de orixe D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

No encontro, que tivo lugar na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos, avaliouse a situación actual da D.O. tralas medidas adoptadas pola Xunta no 2024 (destilación de crise, préstamos vendima, ecorrexímenes, poda en verde, axudas mantemento paisaxe) e as iniciativas a adoptar para reforzar a colaboración e apoio por parte da Axencia Galega da Calidade Alimentaria en materia de promoción e formación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...