HomeEconomía50.000€ da Vicepresidencia da Deputación para axudar ó financiamento do Matadoiro Municipal...

50.000€ da Vicepresidencia da Deputación para axudar ó financiamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Efrén Castro confirma a prioridade do convenio para colaborar no financiamento do matadoiro municipal de Sarria, o primeiro en tramitarse este ano desde a área de Rural

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, reiterou no pleno provincial deste martes “o compromiso firme e claro” de colaborar no financiamento do matadoiro municipal de Sarria.

O responsable provincial explicou que “tras aprobarse hai quince días os modelos de convenios necesarios para iniciar o procedemento, a área de Rural púxose en contacto co Concello de Sarria para iniciar a tramitación da subvención, que será a primeira en asinarse este ano, polo que é unha realidade inminente”, indicou.

A Deputación de Lugo executará así coa “máxima dilixencia” o compromiso adquirido en novembro con alcaldías da comarca de Sarria, nas que se ofreceu colaboración económica para manter o matadoiro municipal de Sarria como servizo público con cargo aos orzamentos de 2025. A área de Rural achegará 50.000 euros ao Concello de Sarria para esta finalidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...