Desde CCOO destacan o descenso do paro na comarca chantadina cunha diminución de 17 persoas. Os peores datos déronse en Lemos con 43 parados máis. Mentres que os datos do paro en Galicia no mes de xaneiro foron de 121.320 desempregados (+2.482) e en toda a provincia de Lugo, 12.021 (+211). Os peores datos por concellos son para Monforte 977 (+33) e os mellores para Chantada 335 (-10).
Datos paro xaneiro na comarca de Lemos, 1.349 (+43)
- Bóveda 35(+3)
- Monforte de Lemos 977 (+33)
- A Pobra do Brollón 58 (+1)
- Sober 71 (=)
- Pantón 88 (+7)
- O Saviñao 120 (-1)
Datos paro xaneiro na comarca de Quiroga, 218 (+10)
- Folgoso do Courel 39 (-1)
- Quiroga 138 (+7)
- Ribas de Sil 41 (+2)
Datos paro xaneiro na comarca de Chantada, 462(-17)
- Carballedo 54 (+1)
- Chantada 335 (-10)
- Taboada 73 (-8)
Datos paro xaneiro na comarca de Sarria 765 (+27)
- O Incio 45 (+6)
- Lancara 74 (+2)
- Paradela 15 (-1)
- O Páramo 25 (+3)
- Samos 24 (=)
- Sarria 566 (+16)
- Triacastela 16 (+1)
Segundo o sindicato, xaneiro sempre é un mal mes debido á finalizacion da campaña de Nadal xa que o sector servizos (hostalería e comercio) despediu a moitos traballadores con contratos temporais aguantando só o sector industrial.
Desde o Sindicato fálase da dependencia do sector servizos, mentres se segue sen potenciar o sector industrial que é o que crea emprego de calidade. A Secretaría de Acción Sindical insta á Xunta de Galicia a impulsar o Porto Seco “e acabar coa tomadura de pelo xa que despois de 24 anos creáronse 3 empregos)”.
CCOO insta á inspección para mellorar a eficacia xa que se están dando casos de empresarios no sector servizos que non dan de alta aos seus traballadores. A Secretaría de Acción Sindical aplaude a subida do I.M.I. (1.184 Euros /mes), “o que supón 50 euros mensuais beneficiando a máis de 3.500 traballadores en Lugo Centro.”