HomeEconomía466.000€ para mellorar a estrada provincial na Pobra do Brollón que une...

466.000€ para mellorar a estrada provincial na Pobra do Brollón que une Vilachá e A Estación por Rozavales

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial tamén deu luz verde a un convenio de colaboración co Concello de Taboada por preto de 138.000€ para rehabilitar o edificio da antiga Cámara Agraria, situado na praza de Muinelos, e destinalo a un local multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo investimento para mellorar a mobilidade da provincia por un importe de 2,23M€ en diferentes actuacións que afectan a estradas de todo o territorio. Así na Pobra do Brollón quedaron licitadas as obras para rehabilitar preto de máis de oito quilómetros na LU-P-4702, que é a estrada que conecta os lugares Vilachá e A Estación por Rozavales.

Os traballos, cun prezo de 466.626,44€, afectan ao treito comprendido entre o quilómetro 2,575 e o 10,897 e consisten en tarefas para mellorar a drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e sinalización. O prazo de execución será de tres meses desde que comecen as obras. A Deputada García Porto destacou a importancia dos traballos que “mellorarán as comunicacións da veciñanza de Vilachá de Salvadur, A Eirexa e Salgueiros”.

Tamén a Xunta de Goberno deu luz verde a un convenio de colaboración co Concello de Taboada para rehabilitar o edificio da antiga Cámara Agraria, un inmoble construído no 1950 para o que “urxe a súa remodelación”. Grazas a este acordo “Taboada non só recuperará un edificio histórico, senón que tamén contará con un espazo útil no que poder organizar numerosas actividades para fomentar a convivencia ente os veciños e veciñas”, destacou a Deputada, quen detallou que os traballos previstos consistirán na demolición dos tabiques interiores; a incorporación de 2 aseos na planta baixa, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida e un terceiro na planta alta; a dotación de ambas plantas das correspondentes instalacións de auga, luz e rede de sumidoiros e tamén se substituirá a carpintería actual; e no exterior, instalarase unha nova cuberta conservando a estrutura existente.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...