HomeEconomía2,2M€ terá O Incio de orzamento para este 2025, reforzando o gasto...

2,2M€ terá O Incio de orzamento para este 2025, reforzando o gasto social e cultural

O Concello do Incio vén de aprobar no Pleno celebrado este venres os Orzamentos municipais para o ano 2025, que ascenden a 2,2 millóns de euros, unha contía similar a das contas do pasado ano. O grupo da oposición abstívose na votación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local destina unha importante partida dos investimentos reais a obras financiadas a través do plan Deputación de cooperación cos concellos. En concreto, prevese actuar na pavimentación de accesos aos núcleos de Ferrería, Saa, Monteagudo, San Salvador, Viladecais, Pacios, Viteses e Vilar da Vara.

Entre as actuacións previstas tamén se atopa a substitución do sistema de calefacción da Casa Consistorial por de aerotermia, así como a instalación dunha pequena planta fotovoltaica que axudará no bombeo do sistema de abastecemento de auga. Son medidas que se enmarcar ambas na Axenda 20-30 de desenvolvemento sostible que van permitir gañar eficiencia e rebaixar o consumo eléctrico.

A pesar da falla de financiación estatal para destinar ao Servizo de Axuda no Fogar, o Concello do Incio fará un importante esforzo para seguir prestando este servizo, ao que sumarán o de Xantar na Casa do que poderán beneficiarse aquelas familias con dificultades que o precisen.

O alcalde, Héctor Corujo, destaca unha mellora na capacidade financeira do Goberno local “tras ter sido capaces de baixar o endebedamento que herdaron ao chegar ao Concello”. O rexedor explica que esta nova situación vai permitir, co apoio da Xunta de Galicia, levar a cabo diferentes actuacións en materia de vivenda, das que se irá dando conta en canto se confirmen as axudas solicitadas ao Goberno galego. En total, os investimentos reais previstos ascenden a máis de 466.000 euros.

A maiores, o Goberno local amosa o seu apoio “decidido” a dúas das actividades culturais de maior relevancia no Concello, como son o Festival Terra Brava e o Tremeterra Fest, dous eventos musicais que xa teñen consolidado a súa relevancia e que cada ano gañan novo público. A estas citas súmase este ano a primeira edición do Cocido Gourmet de Porco Celta, que organiza o Concello do Incio para o 15 de marzo.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...