HomeEconomíaO GDR Ribeira Sacra-Courel anuncia unha nova convocatoria para presentar proxectos

O GDR Ribeira Sacra-Courel anuncia unha nova convocatoria para presentar proxectos

A convocatoria LEADER 2025 conta cun orzamento total de 581.069,46 euros para apoiar proxectos produtivos (empresas) e non produtivos (entidades locais, asociacións sen ánimo de lucro ou comunidades de montes).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) vén de publicar a convocatoria das axudas Leader 2025, impulsadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Estas axudas están destinadas a apoiar aqueles proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico e social do medio rural.

No territorio do GDR Ribeira Sacra Courel, a convocatoria conta cun orzamento total de 581.069,46 euros para a convocatoria Leader 2025 e as axudas distribúense entre dúas tipoloxías de proxectos:

Proxectos produtivos: 377.695,15 euros. Dirixidos a empresas existentens ou de nova creación. O importe máximo de axuda por proxecto será de 70.000 euros.

Proxectos non produtivos: 203.374,31 euros. Dirixidos principalmente a entidades locais, asociacións sen ánimo de lucro ou comunidades de montes.

INFORMACIÓN E PRAZO PARA FORMULAR SOLICITUDES

As persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas do GDR Ribeira Sacra Courel (Rúa Doctor López Lallana, nº 6-1º-D / Bóveda) para obter información sobre os requisitos e condicións da convocatoria. Para unha mellor atención, recoméndase solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 884 691 ou escribindo a info@ribeirasacracourel.es.

As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de maio de 2025, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando o código de procedemento MR701L.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...