HomeEconomíaO 2018 deixa unhas cifras de paro preocupantes no sur de Lugo

O 2018 deixa unhas cifras de paro preocupantes no sur de Lugo

O sindicato CC.OO. fai balance en negativo do ano que vén de rematar incidindo na preocupación polas cifras de desempregados, os despedimentos e a precariedade laboral.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira forza sindical do sur de Lugo, o sindicato comarcal de Comisións Obreiras, considera que o ano 2018 foi un ano complicado no aspecto laboral informando a este medio que pasaron polas súas oficinas 8.400 traballadores, dos que 720 necesitaron recorrer á asesoría xurídica. Láianse así mesmo de que foi un exercicio con moitos despedimentos e unhas cifras de paro preocupantes, con 2.504 parados nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Por concellos as cifras de desempregados/as son as seguintes: Monforte de Lemos 1.100, Pantón 92, Bóveda 48, A Pobra do Brollón 85, Sober 98, Quiroga 197, Ribas de Sil 57, Folgoso do Courel 48, Carballedo 75, Chantada 434 e Taboada 110.

No tocante á precariedade laboral tamén se considera un ano moi malo dado que a contratación temporal segue imperando cunha porcentaxe do 90%. A contratación indefinida queda nun residual 10%.

Como valoracións engadidas neste balance que fai o sindicato a través do seu secretario de acción sindical Mario Docasar, transmítese o seu pesar polo declive económico de Monforte de Lemos, cun Porto Seco que non arrinca, un polígono do Reboredo estancado e a mala nova do peche da emblemática Citroën na vella estrada de Quiroga.

Respecto ao debate creado estas últimas semanas sobre a A-76 entenden que se trata dunha polémica estéril e que hai que esixir ao Ministerio que se cumpran os prazos e se axilicen as xestións políticas e administrativas necesarias para activar o tema e non demoralo nin poñerlle atrancos.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...