HomeEconomíaEncontro do CEO do Grupo Indukern, ao que pertence Kern Pharma, co...

Encontro do CEO do Grupo Indukern, ao que pertence Kern Pharma, co Alcalde e a Tenente de Alcalde monfortinos

O obxecto da reunión de traballo foi analizar a 'evolución da adecuación do proxecto' que se instalará en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada Rodríguez, veñen de recibir na Alcaldía ao Vicepresidente e CEO do Grupo Indukern, ao que pertence a empresa Kern Pharma, D. Raúl Díaz-Varela Bertschinger.

O encontro serviu para manter unha reunión de traballo e analizar a evolución da adecuación do proxecto que se instalará en Monforte, logo das dificultades xurdidas por mor da pandemia e tamén do elevado incremento de custes relacionados coa construción. Estes inconvintes, segundo fontes do concello, “tiveron como consecuencia un pequeno retraso do inicio das obras das instalacións que se ubicarán na parcela xa adquirida pola empresa no Polígono Industrial do Reboredo”.

A xuntanza desenvolveuse nun clima de cordialidade e colaboración onde constataron os avances positivos que se teñen producido na evolución do proxecto e das lineas de produtos que a empresa pretende levar a cabo no seu plan de produción.

VALORACIÓN DA REUNIÓN

Segundo fontes do concello, “a reunión foi moi positiva e prevese que nunha próxima visita, entre os meses de setembro ou outubro, se poidan dar pasos definitivos de cara ao inicio dos traballos para facer realidade este gran proxecto, tanto para a empresa como para o Concello de Monforte”.

Trátase dun proxecto moi importante para Monforte, tanto polo investimento que significa como polos produtos a desenvolver e a creación de postos de traballo moi cualificados.

ANTECEDENTES

En setembro de 2022 tivo lugar a presentación do proxecto de Kern Pharma na sede da Xunta de Galicia para a súa instalación futura no Polígono industrial do Reboredo de Monforte de Lemos. Na devandita presentación prevíase para o primeiro trimestre de 2023 a construción dunha planta de produtos inxectables.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...