HomeEconomíaO C.R.D.O Ribeira Sacra participa no 'Salón dos Viños e Augardentes de...

O C.R.D.O Ribeira Sacra participa no ‘Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Copenhague’ da man de ACRUAGA

Será o vindeiro 11 de xuño nos salóns do prestixioso restaurante TRIO de Copenhague.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dinamarca acollerá este 11 de xuño o ‘Salón dos Viños e Augardentes de Galicia’, un evento organizado por ACRUAGA (Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia), coa colaboración da Unión Española de Catadores.

O encontro está dirixido a un público profesional do sector e busca dar a coñecer a calidade e diversidade das elaboracións vitivinícolas galegas, así como das augardentes e licores tradicionais, a través dunha mostra representativa das diferentes denominacións de orixe galegas.

Nesta ocasión, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará cunha ampla representación: 22 viños de 12 adegas, entre os que se atopan 6 viños brancos e 16 tintos, tanto viños novos como crianzas en barrica e viños de garda.

TRABALLO PROMOCIONAL DE ACRUAGA

O ‘Salón dos Viños e Augardentes de Galicia’ forma parte das accións de promoción exterior que ACRUAGA desenvolve con regularidade en diferentes puntos da xeografía euroea. En anos anteriores, o evento celebrouse en Londres (2024) e Ámsterdam (2022).

A maiores, ACRUAGA promove accións formativas e encontros con profesionais do sector, como foi a visita do Master of Wine Pedro Ballesteros en xaneiro deste ano.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...