HomeEconomía60 prazas para formación no sector gandeiro e forestal

60 prazas para formación no sector gandeiro e forestal

O Goberno da Deputación ofrece varias accións formativas gratuítas para veciños e veciñas da provincia de Lugo encamiñadas á reciclaxe e actualización de coñecementos nestes ámbitos laborais. O prazo para inscribirse remata o 30 de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 60 lucenses poderán reconverterse laboralmente a través destes cursos, que formarán aos alumnos e alumnas no aproveitamento forestal, a transformación da madeira, ou nas competencias necesarias para traballar en granxas de leite e carne, un dos perfís máis demandados polos empresarios do sector na provincia.

Sónsoles López Izquierdo, Deputada de Promoción Económica e Social, lembrou que “as explotacións gandeiras, dinamizadoras económicas da provincia, afrontan un grave problema, o do relevo xeracional. O éxodo rural leva aos mozos a abandonar as granxas, polo que cada día son máis as explotacións que acaban pechando. Por iso estamos a falar dunha oportunidade real para os participantes neste obradoiro, porque a organización dos mesmos responde a unha demanda específica dos propios empresarios gandeiros”.

A acción formativa, de case 900 horas, levarase a cabo a través de 3 obradoiros, cunhas 20 prazas cada un. Os cursos son:

-Formación para granxas de leite e carne, impartido por Unións Agrarias. Nunhas 365 horas de formación os participantes recibirán as competencias para traballar en granxas de leite e carne. Divídese en 4 eixos temáticos: manipulación de fitosanitarios, benestar animal, seguridade e saúde no traballo. Tamén se afondará na rutina e actividades específicas do día a día nas explotacións de vacún de leite.

-Formación básica forestal, impartido por ASEFOGA. En 200 horas formarase aos alumnos e alumnas no ámbito do aproveitamento forestal. Traballarase en catro aspectos: método de repoboación, aspectos xerais da silvicultura, coidados culturais, seguridade e saúde no traballo, e as actividades específicas no desenvolvemento das labores nas explotacións forestais.

-Formación en transformación da madeira, impartido pola Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo. A formación, dunhas 300 horas de duración, vai encamiñadas a dotar aos participantes de competencias xerais precisas para traballar en empresas de transformación.

Esta programación constitúe unha liña de capacitación profesional do DesenvolvendORural, o plan de Deputación de 2,2 millóns de euros para xerar emprego e poñer en valor o rural.

Os interesados e interesadas poderán atopar máis información en www.deputacionlugo.gal e realizar a súa inscrición a través da web da Axencia de Colocación (https://deputacionlugo.portalemp.com/) ou chamando ao teléfono 982 260204 ata o 30 de xaneiro.

 

 

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...