HomeEconomíaPreto de 80.000€ en  axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais...

Preto de 80.000€ en  axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais de Monforte

41.523,50€ en subvencións concedidas a un total de 40 entidades e asociacións do ámbito social, cultural e veciñal a través de tres convocatorias de axudas, e 38.400€ de xeito nominativo a agrupacións deportivas e empresariais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do pasado luns 29 de decembro de 2025 deu luz verde á documentación aportada polas diferentes entidades beneficiarias que xustifica que o gasto adecúase á finalidade coa que foron concedidas estas axudas.

O alcalde fixo fincapé no “apoio decidido” do Equipo de Goberno do Concello de Monforte ao tecido asociativo da cidade a través destas axudas: “Valoramos o importante esforzo que fan estas entidades e asociacións para desenvolver a súa actividade, cada unha no seu ámbito, e a labor fundamental que co seu traballo prestan á sociedade monfortina, por iso desde o Goberno local queremos contribuír no seu desenvolvemento e visibilización”.

Por un lado, validouse a xustificación das subvencións concedidas na convocatoria de axudas a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión no ano 2025. Concretamente, concedéronse catro subvencións por importe de 2.000€ cada unha:

ASOCIACIÓNACTIVIDADESUBVENCIÓN
AFAMONEstimulación cognitiva a través das novas tecnoloxías2.000,00
ALBORESEspazo de ocio e tempo de lecer na comunidade de Albores2.000,00
AGORACreARTE: Espacios de potenciación2.000,00
AUXILIAPromoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade e enfermos crónicos2.000,00

Nun segundo paquete, validáronse as xustificacións dun total de 14 subvencións concedidas a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas e dirixidas a financiar actividades realizadas no exercicio 2025. O importe total ascende a 12.100,01€ repartidos do seguinte xeito:

ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTROMEMORIA-TIPO ACTIVIDADE    SUBVENCIÓN
1ASOCIACIÓN CULTURAL LUIS NIEVESBECA DE ESTUDIOS MUSICAIS. ACTIVIDADE FORMATIVA E EDUCACIONAL727,30
2A.C. OS XOGRARES DE LEMOSI FESTIVAL DE VERÁN 2025 XOGRARES DE LEMOS910,90
3ANPA COLEXIO A GÁNDARAACTIVIDADE ANUAL DA ANPA A GANDARA1.000,00
4A. C. AMIGOS DA PANDEIRETAOBRADOIROS DE MUSICA TRADICIONAL1.000,00
5ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE RIBASALTASVIAXE CULTURAL ÁS RIAS BAIXAS1.000,00
6ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA E CULTURAL LEMAVOSPARTICIPACIÓN FESTIVAIS1.000,00
7ASOC. CULT. Y DEPORT. SAN MARTÍN DE PIÑEIRACLASES DE BOLILLOS1.000,00
8A. DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRAXUNTANZAS PALILLEIRAS1.000,00
9ASOCIACIÓN CULTURAL LODEIROEXPOSICIÓN OBRAS ESCULTÓRICAS801,50
10ASOCIACIÓN MUSICAL AIKIRINDOOBRADOIRO DE PANDEIROS945,00
11AA VV PIÑEIRAXIMNASIA DE MANTEÑEMENTO PERSOAS ADULTAS1.000,00
12ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E AMIGOS  DE ROZABALESMESA REDONDA CO TEMA “OS CONVENTOS…”291,81
13ASOCIACIÓN BATTUEREACTUACIÓNS MUSICAIS423,50
14ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRAANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO1.000,00
IMPORTE TOTAL12.100,01

Doutra banda, a Xunta de Goberno Local aceptou tamén as xustificacións aportadas polas comisións e asociacións veciñais para a celebración de festas de barrios e parroquias no ano 2025. Son 22 entidades beneficiarias cun total de 21.423,50€. Santa Mariña do Monte, Gullade, Cobas, San Vicente do Pino, Bascós, Moresa, San Xoán de Tor, Cinsa, San Antonio, Carude, San Xulián de Tor, A Parte, Fiolleda, Seoane, Sindrán, Caneda, Piñeira, A Penela, Chao de Fabeiro, Valle de Lemos e Reigada que reciben 1.000€ e A Vide 423,50.

Finalmente, a Xunta de Goberno Local aceptou a xustificación dos gastos realizada por sete entidades de diferente índole que percibiron axudas nominativas que suman 38.400€:

  • Federación Española de Voleibol: 15.000€
  • Club de Natación Monforte: 600€
  • Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría e Turismo de Lugo: 3.000€
  • Club Pesca Monforte: 1.100€
  • C.P. Calasancio: 15.700€
  • A.D. Sociedade Río Cabe: 2.000€
  • Club Ciclista Torre San Vicente: 1.000€

ÚLTIMAS

O concerto de Malenne e o espectáculo de Pepo Suevos completaron unha gran xornada da programación de Nadal do Concello de Monforte

O pasado venres, 2 de xaneiro, o grupo monfortino Malenne actuaba ás 20:30 h....

Chantada celebra o 5 a Cabalgata de Reis e o 6 Carrusel gratuíto

O Carrusel está en funcionamento ata o 5 de xaneiro cun prezo de 2€...

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...