HomeEconomíaGalicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Galicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Galicia pecha 2025 cos mellores datos da serie histórica para un mes de decembro tanto no número de persoas desempregadas como no das afiliacións á Seguridade Social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con 112.031 persoas, cóntase coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996) e, con 1.097.288 cotizantes, é tamén o mellor decembro en afiliacións á Seguridade Social. Así o destacou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, na valoración das cifras relativas ao pasado mes.

Pablo Fernández resaltou que en decembro se rexistraron 6.807 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -5,73 %. De xeito transversal, o paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-10,56%), seguido da construción (-9,25%), da industria (-7,96%)  e, por último, dos servizos (-4,73%).

No relativo aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de decembro de toda a serie histórica (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 3.450 persoas (-5,06 %); nas persoas desempregadas menores de  30 anos, hai 52 menos (-0,40 %); e o recorte é de 4.606 persoas no caso dos parados de longa duración (-7,71%).

No relativo ás afiliacións, Galicia suma 17.715 novos cotizantes á Seguridade Social en relación con decembro de 2024 (+1,64%) ata acadar os 1.097.288, o mellor dato para ese mes da serie histórica (2004).

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...