HomeEconomía1.321.508€ na convocatoria Leader do GDR Ribeira Sacra-Courel

1.321.508€ na convocatoria Leader do GDR Ribeira Sacra-Courel

O GDR Ribeira Sacra-Courel abre unha nova convocatoria de axudas Leader, enmarcada no Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, que contará no territorio cun orzamento total de 1.321.508,38 euros, destinado a apoiar proxectos que impulsen o desenvolvemento económico e social no medio rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta convocatoria supón a maior dotación de axudas Leader xestionada ata o momento polo GDR Ribeira Sacra-Courel, e presenta como principal novidade un marco temporal de tres anos (2026-2028), o que ofrece unha maior marxe para a planificación e execución dos proxectos, facilitando que as iniciativas do territorio se desenvolvan con maior seguridade e estabilidade.

As axudas Leader están dirixidas a:

  • Proxectos produtivos, promovidos por persoas físicas ou xurídicas, orientados á creación, mellora ou modernización de actividades económicas no medio rural, que poderán recibir unha axuda de ata 90.000 euros, conforme ao establecido nas normas de xestión do GDR.
  • Proxectos non produtivos, promovidos por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que xeren un beneficio para a poboación do territorio.

A convocatoria contempla o Bono Activa Rural, dirixido a persoas que se dean de alta como traballadoras autónomas para o exercicio de actividades económicas non agrarias no medio rural, nos termos recollidos na convocatoria. Esta axuda consistirá nunha axuda económica de 18.000 euros, vinculada ao inicio da actividade e ao cumprimento dos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Na convocatoria Leader anterior, o GDR Ribeira Sacra-Courel financiou un total de 28 proxectos, cun orzamento de 581.069,46 euros, contribuíndo á dinamización económica e social do territorio. O incremento do orzamento dispoñible nesta nova convocatoria permitirá apoiar un maior número de iniciativas, reforzando o impacto do programa Leader no territorio. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto durante dous meses, finalizando o 6 de abril de 2026.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...