HomeEconomíaRecuperación do conxunto arquitectónico do Reboredo, en Láncara

Recuperación do conxunto arquitectónico do Reboredo, en Láncara

As instalacións rehabilitáronse cunha achega de 171.000 euros, a metade do investimento subvencionable a través do GDR Montes e Vales Orientais.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa promovida por María Pilar Toirán, consiste na posta en marcha dun aloxamento turístico e un centro para actividades complementarias de ocio e de formación relacionadas cos recursos naturais, como a pesca, as castañas ou a micoloxía.

O proxecto recibiu financiamento da Xunta a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, que está a “favorecer a ampliación e a diversificación do tecido produtivo da zona, sufragando actuacións de modernización do sector primario e de consolidación doutros sectores emerxentes, especialmente o turístico”, segundo afirmou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

No mesmo municipio o GDR subvencionou recentemente unha instalación fotovoltaica para mellorar a eficiencia enerxética dunha granxa avícola, en Sambreixo, neste caso achegando 13.800 euros -o 35% do investimento subvencionable-.

O delegado subliñou que ambos proxectos exemplifican o modelo de negocio polo que apostan os GDR, “empresas sostibles dende o punto de vista económico e medioambiental, que rendibilizan os recursos locais, xeran emprego, dinamizan o entorno e axudan a fixar poboación no rural”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...