HomeEconomíaSober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o "gasto social...

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

O Concello de Sober aprobou os seus Orzamentos para o ano 2026 por un importe de 3.130.000 euros, nos que un ano máis priman o gasto social e o investimento en actuacións e obras no municipio. Máis de 1.500.000 euros destínanse a benestar comunitario e gasto social, sen que se produza subida ningunha de taxas nin impostos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a equidade no acceso ao emprego, á formación, á promoción e ás condicións de traballo. Promovendo a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos: cultura, educación, política, economía, deporte e saúde. Contémplanse accións dirixidas á prevención e á loita contra a violencia de xénero. O Concello conta con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia e da Secretaría Xeral de Igualdade, e acudirá ás novas convocatorias de liñas de axuda ás que poida optar.

No capítulo de investimentos están previstas, entre outras actuacións, a mellora dos accesos ao Punto Limpo; a creación dun parque biosaudable en Vilamaior; obras de humanización en Liñarán, Suairexa de Figueiroá ou Proendos; a ampliación da rede de augas a O Xuncal, Celeirón e Areas; e a mellora de accesos a Prados e Xanimol, Vilamaior ou Campo de Bulso, entre outros.

Engádense dúas obras financiadas pola Consellería do Medio Rural por importe de 100.000 euros, correspondentes ao Plan de Infraestruturas Rurais: os accesos a Cacedo e Outeiro, en Bolmente, e melloras na Ribera de Santiorxo. Tamén se conta cunha axuda da Consellería do Medio Rural, con financiamento ao 100 %, por importe de 100.000 euros, para a mellora e ampliación de servizos básicos, entre eles o cambio da totalidade das luminarias en Anllo e melloras na sinalización.

Por outra banda, o Concello dispón dunha axuda de 60.000 euros de Augas de Galicia para obras de mellora e ampliación da rede de abastecemento, actualmente en execución, e doutra de 70.000 euros dun programa piloto de dixitalización do Ciclo da Auga, no que Sober foi seleccionado.

Está prevista tamén a finalización das obras de construción dunha pista de vólei praia e a ampliación da piscina infantil, financiadas ao 80 % pola Consellería de Presidencia.

Emprego, cultura, educación e deporte

En materia de emprego, o Orzamento de 2026 contempla a posta en marcha dun novo obradoiro compartido, a brigada de incendios, a creación doutra brigada de limpeza e a incorporación dun enxeñeiro/a forestal a xornada completa. Recóllese tamén o incremento salarial de todo o cadro de persoal municipal, coa subida de 2025 e a prevista para 2026.

A cultura, a educación e o deporte contarán cunha dotación superior aos 500.000 euros. O goberno local subliña que non se incrementará ningún imposto nin taxa. Como novidade, créase unha taxa polo uso do comedor da Escola Infantil para a que o propio Concello incorpora unha partida importante de fondos propios. En concreto, achega máis de 20.000 euros para axudar ás familias con menos ingresos. Case o 90% por cento dos usuarios/as van recibir algún tipo de desconto que vai asumir o propio Concello.

Mantense a liña de axudas para todos os niveis educativos (infantil, primaria, secundaria e universidade), así como o apoio ás festas populares, á ANPA e aos dous clubs de fútbol do municipio. As asociacións poderán optar a axudas tanto para a organización de eventos puntuais como para o desenvolvemento dos seus proxectos de actividades.

Como novidade, o Concello acode a unha convocatoria do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, co programa Sober Alimenta, cun investimento de 200.000 euros en tres anualidades, para o que se contempla no orzamento a achega municipal do 20%. Trátase dun proxecto para a valorización do patrimonio alimentario e o fortalecemento do sistema agroalimentario local.

ÚLTIMAS

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...