HomeEconomíaTransportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

Publicado o

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo o novo tramo ferroviario de 1,6 quilómetros de vía que completa os nove quilómetros da variante de A Pobra de San Xiao, no corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Deste xeito, a nova infraestrutura, que discorre polos concellos de Láncara e Sarria, forma parte das obras de modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo que permitirán conectar a cidade de Lugo coa alta velocidade.

Segundo informou o Mitma nun comunicado, os traballos incluíron a construción da plataforma ferroviaria, apta para vía dobre e tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías; a conexión coa infraestrutura existente; a execución de instalacións de seguridade e comunicacións, a instalación dos sistemas de electrificación e o desmantelamento do tramo que queda fóra de uso. Ademais, o tramo conta cun falso túnel de 300 metros de lonxitude e dous pasos inferiores e un superior para facilitar a comunicación entre ambas as marxes.

A variante de A Pobra de San Xiao atópase no tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña León-A Coruña. A posta en funcionamento dos primeiros 7,2 quilómetros, en 2018, permitiu suprimir 14 pasos a nivel do trazado anterior, mellorando a seguridade da liña e reducindo os tempos de viaxe. A variante conta con dous túneles —As Cortes, de 520 metros, e Torrente, de 1,4 quilómetros— e catro viadutos de entre 145,5 e 630 metros de lonxitude, ademais de catro pasos inferiores e un paso superior na intersección coa estrada LU-546.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...