HomeEconomía913.000€ para ampliar a mellora do saneamento do Polígono do Reboredo en...

913.000€ para ampliar a mellora do saneamento do Polígono do Reboredo en Monforte

O concello de Monforte aprobou no pleno deste luns o proxecto construtivo de separación e tratamento de augas pluviais do Polígono Industrial do Reboredo, unha actuación que permitirá completar a adaptación da rede de saneamento do parque empresarial ás esixencias normativas actuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto enmárcase no convenio subscrito entre o Concello de Monforte e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) do polígono, unhas obras que se atopan actualmente nun avanzado estado de execución.

Segundo explicou o rexedor, José Tomé, o Plan Director de saneamento e depuración do Polígono do Reboredo puxo de manifesto que unha parte das instalacións, concretamente a rúa número 4, non dispón dunha rede separativa de augas pluviais e residuais, polo que ambas circulan actualmente por unha mesma infraestrutura. “Para legalizar o sistema de vertido do polígono e cumprir coa normativa vixente é necesario executar esta actuación adicional, que permitirá separar correctamente as augas pluviais das residuais”, destacou.

A actuación contempla, en primeiro lugar, a construción dunha nova rede separativa de pluviais na rúa número 4, mantendo a infraestrutura existente para as augas residuais. Ademais, indicou o rexedor, “permitirá recoller e canalizar as augas pluviais de todo o polígono cara un colector de derivación e un equipo de tratamento de augas pluviais denominado separador hidrodinámico, para posteriormente vertelas ao cauce unha vez tratadas”.

O obxecto concreto do proxecto, detallou, “é restituír a correcta separación das augas pluviais e residuais do Polígono e evitar o ingreso de augas pluviais na EDAR efectuando sobre elas un pretratamento antes do seu vertido”. Os traballos inclúen a substitución de 12 arquetas existentes para garantir unha correcta segregación dos caudais de pluviais e residuais, o deseño e execución da nova rede separativa de pluviais na rúa 4 e a construción dun colector de derivación que evitará a entrada de augas de choiva na depuradora.

O convenio inicial para a construción da nova EDAR contaba cun orzamento de 4,6 millóns de euros. Coa incorporación desta nova actuación mediante unha addenda ao convenio, que supón un investimento de 913.444,24 euros, o importe total destinado ao saneamento e depuración do polígono ascende a 5.638.184,36 euros.

ÚLTIMAS

“A creatividade en galego faime fluír dun xeito diferente”, Xavier Frías, escritor e docente

Xavier Frías Conde é filólogo, docente e autor cunha ampla traxectoria literaria. Nado en Béjar...

Monforte implanta a xornada de 35 horas semanais para o persoal do concello desde o 1 de outubro

A nova xornada entrará en vigor o vindeiro 1 de outubro, unha vez finalice...

Prorural solicita á Deputación de Lugo transparencia no proceso de adxudicación de Augas Mestas

Prorural considera que o prego carece da información técnica imprescindible para que as empresas...

Prazo aberto de inscrición para unha nova cita astroturística en Chantada o 19 de xullo

Durante este verán o Concello de Chantada organiza unha interesante programación sobre Astroturismo, con...