HomeEconomíaIniciativas para promover o emprego no rural

Iniciativas para promover o emprego no rural

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía este luns pola tarde a mesa redonda "Oportunidades de negocio no rural", coa que asociación Semente de Monforte pechaba o Bono de Asesoramento que ofreceu, grazas á colaboración de AGADER, na última edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra aos proxectos finalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Da mesa redonda participaron dous proxectos que resultaron premiados no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, Jesús Díaz de Ensácrate, que recibiu o segundo premio o pasado ano e José Pino de LamasDulce, que tamén recibía segundo premio na IX edición do Concurso. Con eles, contando a súa experiencia, empresas xa consolidadas no territorio Ribeira Sacra como Galletas Daveiga e Pensos Senra. Acompañábanos Javier Germade de Eosa, empresa que ofreceu a formación durante os últimos 3 meses e Mª Paz Rodríguez, directora xeral de Agader que financiou o Bono de Asesoramento.

Durante a súa intervención, Paz Rodríguez lembrou as diferentes iniciativas postas en marcha pola Xunta con este obxectivo. Neste sentido, fixo referencia ás achegas deseñadas de xeito específico para fortalecer o emprego no rural en sectores non agrícolas, que veñen de resolverse cun orzamento de 2,1 millóns de euros que permitirán axudar a 41 proxectos, consolidar 474 postos de traballo e crear 39 novos empregos.

Mencionou tamén o Plan Camiña Rural, que ten como fin ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de todos os concellos de Galicia, para mellorar así a calidade de vida da poboación rural.

Por último, destacou que o Executivo autonómico mantén unha aposta firme coa mobilización e reestruturación de terra na comunidade. Así, no marco deste compromiso, desde o ano 2020 a Xunta rematou un total de 39 concentracións parcelarias, que abranguen unha superficie total de máis de 27.000 hectáreas e beneficiaron preto de 20.460 propietarios.

Nunha xornada na que se insistiu na necesidade de valorizar o que hai no rural e emprender con ilusión, coa confianza dun proxecto de vida vinculado co territorio, a directora xeral animou ao emprendemento e apostou por mellorar a coordinación desde as administracións para promover emprego vinculado con rural.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...