HomeEconomíaO Consello de Contas sitúa ao Concello de Monforte no "grupo dos...

O Consello de Contas sitúa ao Concello de Monforte no “grupo dos líderes en boa xestión e transparencia”, asegura Tomé

Despois da publicación do informe do Consello de Contas de Galicia que fiscaliza o cumprimento das obrigas de transparencia na xestión e rendición de contas das entidades locais de Galicia, principalmente no que se refire a remisión de información en materia de contratación, convenios e control interno, o alcalde Monforte, José Tomé, pon en valor a xestión económica do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O último informe deste órgano fiscalizador refírese aos exercicios 2021, 2022 e 2023 e sitúa ao Concello de Monforte no nivel ALTO de madurez do seu sistema de control interno, a máxima categoría establecida nesta avaliación. O rexedor destaca que se trata dun resultado especialmente relevante tendo en conta que só 26 dos 259 concellos avaliados acadaron este nivel. “Estamos ante un dato moi importante porque non é o Concello quen se cualifica a si mesmo, senón que falamos do Consello de Contas de Galicia. Estamos falando dun órgano fiscalizador cuxa composición responde á representación dos diferentes grupos parlamentarios (1 PSOE, 1 BNG, 3 PP). É unha avaliación independente e baseada nunha metodoloxía común para o conxunto das entidades locais”, explica Tomé.

O informe, publicado polo Consello de Contas o 31 de xullo, avalía o funcionamento dos sistemas de control interno das entidades locais galegas durante o período 2021-2023. A máxima categoría foi acadada por unha porcentaxe reducida dos Concellos avaliados: 26 de 259, o que sitúa a Monforte dentro do grupo de entidades locais con mellores resultados nesta materia, “no grupo dos líderes en boa xestión e en transparencia”, apunta o rexedor.

Para o alcalde, este resultado debe poñerse en relación coa xestión económica do Concello nos últimos anos. “Este dato fala por si só do traballo realizado polo Equipo de Goberno desde que cheguei á Alcaldía en 2015. Todos os anos pechamos as contas con remanentes positivos e levamos 11 anos sen subir os impostos municipais. Pero, por riba de todo, este informe acredita que detrás da actividade diaria do Concello existe un sistema de control interno que funciona e que acadou un nivel de madurez que o propio órgano fiscalizador considera ALTO”, afirma Tomé, que considera que estes datos supoñen motivo de satisfacción, “pero tamén de responsabilidade, para continuar con este tipo de xestión de cara ó futuro”.

“Aqueles que nos acusan de escurantismo e falta de transparencia cando aprobamos os orzamentos deberían coñecer mellor como funciona un orzamento municipal e, sobre todo, deberían preguntarlle ao Consello de Contas de Galicia. Porque son os seus informes, e non as opinións políticas, os que acreditan como funciona o sistema de control interno do Concello”, conclúe.

.

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...