HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónPremios para emprendedores en Monforte de Lemos

Premios para emprendedores en Monforte de Lemos

Publicado o

- Advertisement -

A asociación Semente de Monforte deu a coñecer os gañadores da IV edición do concurso de proxectos empresariais. Dúas foron as iniciativas emprendedoras premiadas: un proxecto de produción e comercialización de produtos ecolóxicos e outro relacionado coa apicultura.

O acto tivo lugar este sábado no Parador de Monforte e transcorreu en dúas sesións, de mañá e de tarde. Pola mañá contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que saudou ao xurado e aos finalistas desta convocatoria de proxectos emprendedores ao tempo que se fixo a presentación e valoración das nove iniciativas que chegaron este ano á final do certame.

Emprendedores premiados na concurso organizado por Semente Monforte/Semente Monforte

Conde agradeceu á asociación Semente de Monforte esta iniciativa que pretende dinamizar o tecido empresarial e felicitou aos finalistas polo seu traballo, ilusión e valentía destacando o talento, iniciativa e capacidade de innovar e competir.

Na sesión da noite, e no transcurso dunha cea ofrecida aos concursantes finalistas e colaboradores, déronse a coñecer os dous gañadores. O primeiro premio foi para un proxecto afincado en Monforte, “Terras de María Castaña”, relacionado coa produción de produtos  ecolóxicos autóctonos e recibirá un premio en metálico de 10.000 euros. O segundo correspondeulle a unha iniciativa emprendedora que busca elaborar e comercializar produtos derivados da explotación apícola e está dotado con 6.000 euros. Este proxecto vén de Ourense e deuse a coñecer como “La Florida”.

A asociación Semente de Monforte naceu despois de que no  2014 caese o premio gordo da lotaría de Reis no concello e coa intención de buscar que este golpe de sorte puidese impulsar o emprendemento. Esta convocatoria anual para incentivar a creación de proxectos empresariais foi unha das ideas desta entidade que se manteñen co tempo. Para a mesma conta co apoio de dez empresas, o concello de Monforte, as tres universidades galegas e o Instituto Galego de Promoción Económica.

O conselleiro Francisco Conde en Monforte de LEmos/Semente Monforte

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...