HomeEconomíaAumenta o paro en agosto nas comarcas de Monforte e Sarria e...

Aumenta o paro en agosto nas comarcas de Monforte e Sarria e baixa nas de Chantada e Quiroga

A Secretaría de Acción Sindical CC.OO Lugo fai un balance negativo do paro no mes de agosto nas comarcas de Sarria, Lemos, Quiroga e Chantada, aumentando en 58 persoas con respecto ao mes anterior en Lugo Centro - Sur cun total de 2540 persoas en paro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde CC.OO motran preocupación polas cifras de Monforte con 54 parados máis e Sarria que aumentou en 10. Os datos positivos déronse en Chantada cun descenso de 12 e Quiroga con 7. Desde o sindicato destacan tamén os datos positivos da Pobra do Brollón con -4, Folgoso do Courel con -3 ao igual que Ribas de Sil e con -1 Quiroga.

Paro de agosto na comarca de Lemos 1289 (+61):

  • Bóveda 39 (+1)
  • Monforte de Lemos 961(+54)
  • Pantón 75(+3)
  • A Pobra do Brollón 51 (-4)
  • O Saviñao 116 (+3)
  • Sober 47 (+4)

Paro de agosto comarca de Quiroga 165 (-7):

  • Folgoso do Courel 18 (-3)
  • Quiroga 119 (-1)
  • Ribas de Sil 28 (-3)

Paro de agosto comarca de Chantada 400 (-12):

  • Carballedo 47 (=)
  • Chantada 297 (-12)
  • Taboada 56 (=)

Paro comarca Sarria 686 ( +17):

  • O Incio 36 (+6)
  • Láncara 63 (=)
  • Paradela 13 (=)
  • O Páramo 23 (=)
  • Samos 25 (+1)
  • Sarria 516 (+10)
  • Triacastela 10 (=)

CC.OO valora positivamente os datos do sector agrogandeiro, “que fixeron posible que os resultados non fosen peores polos despedidos no sector educativo e o gran número de despidos na hostalería e comercio por fin de tempada”. A este respecto suxírenlle ao rexedor de Monforte, José Tomé que “saque boa nota e analice o estancamento do sector servizos e acelere en serio a instalación da Farmacéutica Kern Pharma, xa que Monforte suma o 17’3% do paro de todos os concellos da provincia”.

O sindicato valora positivamente “a cubertura do 86’8% dos parados cobrando prestacións sumando 2.204 na súa maioría maiores de 45 e 52 anos sendo de xustiza xa que entendemos que é un investimento do Ministerio de Traballo o que supón máis de 2’2 millóns de euros”. Aproveita CCOO para denunciar a práctica “dalgúns mal chamados empresarios ante a Inspección de traballo por acoso laboral e pagos en negro a varios empresarios do Sector Industrial e do moble”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...