InicioEn profundidade“Creo que hoxe en día levar ortodoncia non é un problema”, Beatriz...

“Creo que hoxe en día levar ortodoncia non é un problema”, Beatriz Iglesias

Coñecemos aspectos importantes desta especialidade da odontoloxía da man desta recoñecida ortodoncista que forma parte do equipo da Dra. María José Martín.

Publicado o

- Advertisement -

A Clínica Dental Dra. María José Martín destaca en Monforte e contorna pola súa dilatada traxectoria e polo trato humano e próximo que ofrece aos seus pacientes. Ademais, está dotada de tecnoloxía de última xeración e conta cun equipo de profesionais que non para de medrar para chegar á excelencia nun servizo odontolóxico cada día máis completo.

As últimas incorporacións foron a ortodoncista Beatriz Iglesias Sánchez e o anestesista Asel Castro Pérez.  

Beatriz é odontóloga con Máster en Ortodoncia avanzada e Máster tamén en Ortodoncia Lingual e Invisaling -os dous sistemas máis innovadores de ortodoncia visible- e Experta en Ortodoncia Cirúrxica e Cirurxía Ortognática.

Asel Castro é Licenciado en Medicina e Cirurxía, Médico Especialista en Anestesia, Reanimación e Tratamento da dor vía MIR. Na Clínica Dental é o encargado do proceso de sedación, proceso moi importante no que a avaliación clínica previa dos pacientes é básica para saber se estes poden ou non someterse á mesma.

Dr. Asel Castro / Clinica Dental Dra. Mª José Martín

A continuación coñeceremos aspectos importantes da ortodoncia da man de Beatriz Iglesias, recoñecida ortodoncista e ‘nova fichaxe’ para o equipo da Dra. María José Martín.

Cando empezaches a sentir inquietude pola odontoloxía?

A verdade é que sempre foi algo que me chamou a atención e creo que mellorar o sorriso dos demais, así como a calidade de vida dende un punto de vista funcional e estético pode facer ás persoas máis felices.

Que te levou a especializarte como ortodoncista?

Durante la carreira de odontoloxía foi a especialidade que máis desfrutei e iso levoume por ese camiño. 

“Creo que mellorar o sorriso dos demais, así como a calidade de vida dende un punto de vista funcional e estético pode facer ás persoas máis felices”

Que anomalías máis comúns atopas na estrutura dental e mandibular dos teus pacientes?

A máis frecuente é o “apiñamento”, que consiste na falta de espazo, levando aos dentes a estar montados uns enriba dos outros.

A maioría delas danse por malos hábitos ou por xenética?

Evidentemente hai unha base xenética que vai empeorando desde un punto de vista evolutivo. Pero tamén hai unha serie de factores de comportamento que producen patoloxía no crecemento dos maxilares como por exemplo: chuparse o dedo, utilizar chupete a idades avanzadas (maiores de dous anos), forma de deglutir incorrecta, etc.

Respecto ás que se xeran ou empeoran por malos hábitos que recomendacións preventivas nos podes dar?

Os malos hábitos máis frecuentes son “chuparse o dedo” e levar o uso do chupete máis alá dos 2 anos de idade. A realidade é que todos estes hábitos se non superan a idade de 2 anos crean patoloxía que reverte soa. Polo tanto, o meu consello é evitalos nos nenos máis alá desa idade.

“Os malos hábitos máis frecuentes son chuparse o dedo e levar o uso do chupete máis alá dos 2 anos de idade”

Hoxe en día os problemas de estrutura dentaria detéctanse rápido cun seguimento regular do noso ou a nosa dentista, verdade? Pero que pasa cando non se dá este seguimento?

Se existe patoloxía esquelética debe ser diagnosticada non máis tarde dos 6 anos por un Ortodoncista. Logo dependendo de cal sexa tratarase na idade apropiada entre os 6 e os 12 anos. Máis tarde os problemas de crecemento non se poden corrixir doadamente e serán necesarias cirurxías.

Atopades familias que non se podan permitir tratamentos de corrección ortodónticos? Como afrontades estas situacións?

Normalmente os tratamentos ortopédicos son moito máis económicos que os de brackets. Nestas situacións sempre aconsello realizalo, xa que teñen data límite por mor do crecemento. Ademais, intentamos que todo sexa fraccionado no tempo para dar unha maior comodidade ao paciente.

Beatriz Iglesias cun tratamento / Clínica Dentel Dra. Mª José Martín

Os avances en innovación e a maior visibilidade social de ortodoncias están eliminando medos, complexos e prexuízos? 

Creo que hoxe en día levar ortodoncia (incluso para adultos) non é un problema. Os pacientes demandan cada vez solucións máis estéticas, como brackets estéticos, alineadores… pero na actualidade todos os prexuízos estanse eliminando.

Tedes casos de pacientes que demandan modificacións dentarias e mandibulares só por estética?

Moitos, á par que moitos son por razóns funcionais. Pero a realidade é que en todos os pacientes realízanse ambas partes, a funcional e a estética.

“A Doutora María José Martin é unha persoa en constante formación que busca a excelencia nos seus pacientes”

Para rematar, que tal a relación profesional con María José e o resto de equipo da Clinica Dental?

É un equipo xenial, moi preparado e cunhas instalacións estupendas. A Doutora María José Martin é unha persoa en constante formación que busca a excelencia nos seus pacientes, e sempre é un gustazo traballar con profesionais así.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...