HomeEn profundidade“O uso das máscaras xerou importantes cambios na pel”, Patricia de 'Estética...

“O uso das máscaras xerou importantes cambios na pel”, Patricia de ‘Estética Ananda’

Falamos con esta emprendedora de Monforte que confía no nicho de mercado da Ribeira Sacra considerando ademais que os efectos da pandemia fan máis necesarios os tratamentos estéticos.

Publicado o

- Advertisement -

Patricia Ontiveros é a xerente de Estética Ananda, unha monfortina que vén de inaugurar este negocio que abrirá as súas portas este mércores 15 de decembro no número 56 da rúa Roberto Baamonde de Monforte de Lemos.

Nesta aventura non quere esquecer que hai moita xente importante detrás que lle deu todo o seu apoio, quen puxo toda a súa enerxía positiva no proxecto e quen axudou a que as ideas fosen tomando forma. Unha desas persoas é Carmen Mariela Vázquez, que en breve conta con incorporarse ao equipo do centro estético.

Falamos con Patricia.

Cal é a túa formación e traxectoria no mundo da estética?

Despois de moito tempo realizando tratamentos dentro do meu entorno tomei a decisión de formarme como técnico en estética. A maiores da formación continuada que Germanie de Capuccine ofrece, asistín a cursos privados en determinadas áreas. En todo momento contei con persoas moi cualificadas na formación.

“Despois de moito tempo realizando tratamentos dentro do meu entorno tomei a decisión de formarme como técnico en estética”

Que te levou a montar este negocio?

Desde facía tempo entendía que aquí había un grande nicho de mercado, a Ribeira Sacra é unha zona importante de turismo xa que o número de visitas á zona vai en aumento, tanto de turismo nacional como internacional. A zona tamén abrangue un importante índice de poboación. E dende logo, a idea de xerar postos de traballo .

Que servizos ofreces?

Este centro está deseñado para saír do convencional e ir un pouco máis alá, podendo levar unha pedicura ao nivel dunha masaxe de reflexoloxía podal.

Así como tamén tratamentos que permitirán un coidado da pel que dependendo da estación do ano poderán ser de exfoliación como o que dispoñemos de “Diosa del Olimpo” no que se traballa con sales de Mallorca. Este tratamento, a maiores de facilitar a recuperación da pel tras o sol, axuda a preparala para tomalo de novo xa que favorece o mantemento da cor e, ademais, tamén aporta un aroma moi gratificante.

Non podemos esquecer que as horas de traballo maniféstanse no noso corpo co cal ofrecemos tratamentos relaxantes con aromaterapia e pedras quentes. Todo nun ambiente de relaxación, empregando diversos medios para isto como pode ser unha fonte de auga, música que leve a dito estado, etc.

“Non podemos esquecer que as horas de traballo maniféstanse no noso corpo…”

E non podemos deixar de mencionar os tratamentos redutores tan importantes como o de Top Shape que axuda a reducir 10 cm en catro semanas co apoio dun nutricionista e un programa de exercicios sumado ao tratamento de cabina.

Cada día coidámonos máis, pero a pandemia fixo que nos deixásemos un pouco, verdade?

Non considero que a xente se deixara, senón que creo que se empezou a valorar máis o coidado de corpo e a mente. E dende logo o uso das máscaras xerou importantes cambios na pel o que deu lugar a unha demanda importante de tratamento sobre todo de limpeza e hidratación desta zona. E se ben é certo que ao principio había un certo temor debido a pandemia demostrouse que os centros de estética levan a cabo un estrito protocolo de limpeza, hixiene e desinfección .

“Non considero que a xente se deixara, senón que creo que se empezou a valorar máis o coidado de corpo e a mente”

Din que a cara é o espello da alma. Ademais da actitude persoal, que nos pode axudar a ter unha boa cara cada día?

Se ben é certo que cada persoa é un mundo, cada pel é distinta polo que débese tratar de forma individualizada e persoal tras un estudo da mesma contando cos aparellos e protocolos axeitados. Para isto ofrezo diferentes tratamentos tanto en limpeza como en hidratación, etc.

Dende logo, a limpeza e a hidratación son moi importantes, e tamén coñecer a pel a tratar para ter conciencia dos cosméticos que debemos utilizar. De feito, en Ananda traballo como marca principal con Germanie de Capuccini a que dispón dun amplo catálogo de cosmetoloxía e que nos ofrece un apoio médico é loxístico, así como de formación en novos produtos.

E que dicir da importancia dun corpo relaxado neste contexto de ansiedade xeneralizado. Que solucións hai para combater a tensión muscular?

Propoñemos desfrutar dun ambiente que predispoña á relaxación e deixarse levar polos tratamentos destinados a este fin. Temos que concienciarnos de coidarnos máis.

Disque ‘onde hai pelo hai alegría’. Para ti este dito será un falso mito, non?

(Ri) Eu coñezo calvos felices. Pero na liña de depilación dende logo tanto por hixiene como por estética cada vez hai máis tendencia á eliminación do vello corporal. Sen embargo, debemos diferenciar as zonas das que estamos a falar. Xa que no caso de cellas este ano atopamos unha elevada tendencia a unha alisaxe así como unha boa estruturación da mesma, debido a que no mundo das máscaras foi a parte máis focalizada.

“Tanto por hixiene como por estética cada vez hai máis tendencia á eliminación do vello corporal”

Algunha oferta ou desconto de agasallo de Nadal para as/os primeiras/os clientes?

Nas redes sociais do noso centro pódese atopar a promoción en vigor. Invitamos a que sigades estas páxinas para non perder ningunha das nosas promocións. Para festexar a apertura, a miña clientela disporá dun 20% de desconto así como dun cupón de desconto dos selfies cos nosos tratamentos.

Patricia e Carmen Mariela / XdL

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...