InicioEn profundidadeClaudio Garrido: "A falta de responsabilidade da oposición é o maior lastre...

Claudio Garrido: “A falta de responsabilidade da oposición é o maior lastre que temos na política sarriá”

O equipo de goberno de Sarria está a punto de levar a pleno os primeiros presupostos deste mandato. O alcalde asegura que son uns orzamentos para executar ou que haxa un novo equipo de goberno que execute as súas propostas.

Publicado o

- Advertisement -

O último orzamento aprobado no concello de Sarria é o do ano 2015. No 2019 cambia o goberno e regresa á alcaldía Claudio Garrido con Camiña Sarria, que desde entón goberna en minoría. O rexedor prepara para levar a pleno os orzamentos deste ano, se conseguen aprobarse serían os primeiros deste mandato de Camiña Sarria. Como vive un goberno en minoría cunha situación económica “herdada”? Falamos con Claudio Garrido.

Camiña Sarria ten preparado ou seu orzamento para este ano, 12.218.693 euros para gastos e o mesmo para ingresos. Como foi chegar ata aquí?

Co 2019 avanzado empezamos a elaborar o orzamento do ano 2020, daquelas había a Regra de Gasto e foi imposible cadrar as cifras para poder aprobar o orzamento, porque esta regra establecía que os concellos que non aumentaban os ingresos non podían aumentar o gasto. Aquí desde o 2015 non houbo ningunha modificación da ordenanzas nin dos impostos directos e indirectos. Non houbo actualización de todos os tributos locais ao IPC como esixen todos os contratos do concello, entón non só non se incrementaron os ingresos, senón que había unha diminución e era imposible facelo. O mesmo pasou no 21 que seguía en vigor a Regra de Gasto, ata que o Goberno elimínaa para a reactivación económica e aí comezamos a elaborar o orzamento.

Sorprende que grupos que teñen unha experiencia política impidan que os cidadáns de Sarria reciban estes servizos en condicións de calidade

Agora o equipo de goberno ten o borrador de orzamento, pero esas actualizacións de tributos non se levarán a cabo.

A oposición votou en contra e non facer esas actualizacións é un incumprimento das obrigas que ten o concello, é unha falta de responsabilidade que impide que se cumpran os compromisos do concello. Nós somos un grupo independente, sorprende que grupos que teñen unha experiencia política, que están a gobernar, impidan que os cidadáns de Sarria reciban estes servizos en condicións de calidade. Esa falta de responsabilidade é o maior lastre que temos na política sarriá, a falta de compromiso.

Candidatura Camiña Sarria / facebook Camiña Sarria

O ano que entramos nós tivemos que facer fronte a facturas sen crédito do ano 2018 por importe de 1.900.000 euros. Despois dun ano de xestión nosa baixamos a un millón e despois reducímolo a case medio millón. Isto é produto dunha boa xestión a pesar da falta de responsabilidade da oposición, por terceira vez foi a pleno e non se aprobou.

Cal é a previsión de ingresos deste orzamento?

4.000.000 de impostos directos, 130.000 de impostos indirectos; as taxas van supoñer 2.370.000 euros. Transferencias do Estado e a Xunta, 4.600.000 e 1.000.086 euros dunha operación de tesourería.

Nos servizos básicos temos un déficit de case 2 millóns de euros

Parece unha operación de tesourería importante?

Está por baixo do 10%, pero é unha operación importante porque todos os servizos básicos que temos en Sarria (auga, abastecemento, saneamento, lixo, casa da música, matadoiro….) teñen un déficit estimado de case dous millóns de euros por esa falta de actualización dos tributos.

A situación é moi grave, se queremos manter uns servizos de calidade, que haxa investimentos que palíen este déficit, manter iluminación, estradas,… temos que ir a unha situación de endebedamento. No 2020 este goberno cando entrou reduciu a débeda a cero, co primeiro remanente de tesourería positivo eliminamos a débeda de 1.200.000 euros e levamos o 20 e o 21 sen débeda, con débeda cero co cal creo que se pode falar dunha boa xestión económica, a pesar dos ingresos depreciados.

Claudio Garrido, alcalde de Sarria

E cales son os gastos máis importantes que recolle o orzamento?

Temos unha achega directa para a residencia de 341.000 euros, porque esta residencia non recibe nin un euro da Xunta nin da Deputación. Levamos coas tarifas da residencia sen actualizar desde o ano 2015 e mentres as prazas concertadas da Xunta veñen sendo 1580 € praza/mes, en Sarria a tarifa é de 595 €/mes. É inviable e aínda así o concello garante a todos os veciños de Sarria 93 prazas. O servizo de conciliación ten unha achega municipal de 140.000 euros. Temos o centro de atención temperá para toda a comarca que lidera Sarria, cuxo orzamento de 155.000 euros garante Sarria, aínda que recibe subvencións e achegas doutros concellos.

O orzamento tamén contempla 425.000 euros para poñer a funcionar todas as instalacións do complexo deportivo da piscina climatizada con servizos orientados á mellora das condicións de saúde da xente. Este centro deportivo con máis de 5 salas acabouse no 2012 e os gobernos anteriores foron incapaces de poñelo a funcionar, ata que o fixemos nós no ano 2020 coas limitacións da pandemia, pero este orzamento xa recolle o funcionamento do centro con todas as condicións.

Non contratamos o lixo porque temos un déficit no servizo de recollida de residuos de 600.000 euros

Son uns orzamentos cunha capacidade investidora de 1.000.200 euros por tanto son realistas, axústanse aos ingresos garantidos e garanten a mellora dos servizos, pero tivemos que controlar moito os gastos. Non puidemos contratar o lixo porque estamos cun déficit no servizo de recollida de residuos sólidos, próximo ao 600.000 euros. Iso é inasumible. Por iso é importante o orzamento. O orzamento recolle a adaptación do persoal despois de anos sen taxa de reposición. E contemplamos todas as prazas que necesita o concello que coinciden coa primeira rpt que vai facer o concello.

Concello de Sarria / XdL

Son uns orzamentos para executar ou que haxa un novo equipo de goberno que execute as súas propostas

Faltan os informes técnicos e xurídicos para aprobar unha comisión informativa e chegar con eles a pleno. Que espera o alcalde?

O orzamento irá a pleno pero despois do ocorrido coas taxas, a oposición volverá facer o mesmo. Se non podo aprobalos porque non teño a maioría absoluta habería que ir a unha cuestión de confianza para que poidan ser aprobados definitivamente ou que a oposición presente unha moción de censura para poder tombalos.

Estes orzamentos garanten ou a execución dos mesmos para a súa aprobación ou que haxa un novo grupo de goberno que queira executar as súas propostas se están en contra destas. O orzamento non dá a lectura dun ano, coa aprobación garántese a prórroga e os servizos que aparecen no orzamento e iso é moi importante. O funcionamento dos concellos é moi sinxelo, para poder facer obras ten que haber financiamento. Do 2015 a este ano pasaron moitos anos e co mesmo diñeiro do 15 non se pode xestionar en 2022.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...